Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

27 Enero 2012

contacontos pola paz

Hoxe vimos o conto sen palabras A mazá e a bolboreta (de Enzo e Iela Mari), o conto de amizade Queres xogar comigo? (de Eric Carle), o conto de enfados A bruxa enrabechada (de Joles Sennel e Malagón) e o conto de batallas Negros y blancos (de David McKee).

E aquí podemos ver as primeiras imaxes do obradoiro que seguiu á sesión de contacontos, para elaborar caras de elefantes:

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

24 Enero 2012

programación de actividades

Xa está perfilado o programa de actividades do primeiro semestre de 2012. De momento, veremos as actividades do primeiro trimestre.

1.- Contacontos: os últimos venres de mes ás 5 da tarde:

  • 27 de xaneiro: Contacontos pola paz

  • 24 de febreiro: Contacontos da igualdade
  • 30 de marzo: Contacontos de marionetas

2.- Obradoiros

a) para o Entroido:

  • días 6 e 8 ás 6 da tarde: obradoiro de compadres,

  • días 13 e 15 ás 6 da tarde: obradoiro de comadres,

Tanto compadres coma comadres, queimaranse na praza Maior o xoves, despois dos xogos populares que empezan ás 17.15

b) polo Día do Teatro:

  • día 30 de marzo obradoiro de marionetas (despois da sesión de contacontos)

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

2 Enero 2012

Fallo do Certame Infantil de Poesía de Nadal 2011

Os galardoados no Certame de poesía infantil "O NADAL 2011" son:

Categoría A: ata 8 anos

  • Lucía (8 anos)
  • Marta (8 anos)
  • Yasmina (7 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Carlos (11 anos)
  • Javier (9 anos)
  • Naiara (9 anos)

Categoría C: a partir de 12 anos

  • José Manuel (12 anos)

Aquí figura só o nome, no listado que se publicará na biblioteca, figurará o nome completo dos premiados. Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. A data de entrega dos premios darase a coñecer na biblioteca.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

21 Diciembre 2011

obradoiros infantís de nadal

Este nadal, realizaremos varios obradoiros relacionados co uso dos recursos dispoñibles na biblioteca e de liberación da creatividade dos participantes.

Que é e como se escribe a poesía? E para que serve?

A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de recoñecer unha poesía e adquiran unhas pautas básicas para a súa creación, e así se animen a presentar as súas obras nos certames de poesía que convocamos anualmente. Ademais, descubrirán que hai distintos tipos de poemas, algúns tan gráficos coma un debuxo... e moito máis bonitos. Veremos cantas cousas están escritas en forma de poesía (cancións, refráns, anuncios,...).

Que narices é un dicionario e para que me serve se xa o podo buscar en internet?

A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de usar o alfabeto para buscar información do seu interese non só nun dicionario ou enciclopedia, senon en moitos outros sitios onde esta aparece relacionada a información de forma alfabética, incluso en páxinas de internet (por exemplo un listado de cancións dun grupo musical, de libros dun autor determinado), saber por que está ordeada así a lista de alumnos da súa clase,.... Ademais serán capaces de localizar na biblioteca un libro coñecendo a súa localización topográfica. Xogaremos a atopar os libros e competiremos por equipos para localizalos todos. Ademais descubriremos que non sempre en internet atopamos a información correcta.

Contacontos

Faremos ademais unha sesión de contacontos en xaneiro.

Estas actividades faranse os días 22 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro.
A hora e posibles variacións de data, anunciaranse na biblioteca.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

15 Diciembre 2011

premios 'María Moliner' 2011

Acaba de darse a coñecer a resolución da "XIV Campaña María Moliner de Animación á Lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes, que convoca anualmente o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España.

Estes premios, que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España, recaeron este ano nas seguintes bibliotecas: Tuéjar (Valencia), Pozoblanco (Córdoba) e Oleiros (A Coruña)

De entre os 300 proxectos seleccionados este ano a nivel nacional , foron recoñecidos os presentados por 27 bibliotecas galegas, entre as cales se atopa novamente, e por 4ª vez

A PROGRAMACIÓN DAS
BIBLIOTECAS DO CONCELLO DO SAVIÑAO
,

na que se inclúen as actividades desenvoltas nos dous centros bibliotecarios do concello. Desde a Axencia de Lectura de Currelos e a Biblioteca de Escairón, queremos agradecer a todos os asistentes ás actividades que organizamos. a súa participación e colaboración, posto que sen eles non tería sido posible concorrer a este certame. Así mesmo, animamos a quen aínda non o fixera, a participar e colaborar nas actividades que se organizan.

Pódese consultar a lista oficial de bibliotecas premiadas, e tamén o listado das campañas anteriores.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

28 Noviembre 2011

Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011"

[Traballos gañadores do Certame 2009]

Xa está convocado o

Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011"

- Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2011" (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL".
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 20 de decembro de 2011, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS (tanto en Escairón coma en Currelos).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2011.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

[Traballos gañadores do Certame 2010]

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

30 Octubre 2011

A CASA da BOTICA

Esta é a vista do edificio que hoxe ocupa a biblioteca, desde o solar no que se construiu o Auditorio Municipal e o lavadoiro de coches da Gasolineira de Escairón aló polos anos 60. Pódese apreciar que se conservou a súa estrutura orixinal.

Xosé Benito de Lage casou con María Vicenta de Prado, dotada polos seus maiores coa titularidade da casa coa horta anexa, no ano 1815. Sen dúbida, as instalacións non eran suficientes porque cara a 1830 construíron, con importantes axudas familiares, a máis tarde coñecida por "Casa nova da Botica".

Así comeza o artigo que fala da orixe do edificio que hoxe ocupa  Biblioteca Municipal en Escairón. Pódese consultar o texto completo na wiki da biblioteca, ou premendo sobre a cita do artigo.

Tedes fotos do edificio de anos atrás? Podedes facelas chegar á biblioteca a traves deste formulario.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

18 Octubre 2011

LUME en outono

Estamos en outubro, e aínda non parece que o verán rematara: altas temperaturas, lumes por todas partes e non só para asar as castañas...

Na biblioteca podemos atopar varios libros nos que se nos fala dos incendios.

Tamén sobre o magosto e os cogomelos que son máis típicos do outono.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera