Para celebralo, invitámoste a que comprobes o seguro que navegas pola rede.
Que sabes de virus, troianos e vermes, spyware, ciberbulling ou grooming?
Neste enlace podes averiguar cal é o nivel de seguridade co que navegas: www.navegacionsegura.es. Xoga ó trivial coas túas amizades e comprobade quen sabe navegar con maior seguridade, onde podedes atopar axuda para os problemas que poidar xurdirvos,... Está na túa man usar ben internet, comprobar a seguridade dos sitios que visitas e desfrutar do Día de Internet.
Sabías navegar seguro? Compárteo, é de interese para todos aprender a navegar con seguridade e aprender onde se pode atopar axuda.
Foron moitos os que nos pediron que cambiaramos os obradoiros para as 5 porque ás 6 teñen que marchar.
Por iso, a partir deste venres, os obradoiros de papiroflexia comezarán ás 5 da tarde.
A duración segue a ser de máis ou menos en 1 hora e ademais de practicar papiroflexia coñeceremos algunhas tradicións e costumes do Xapón.
Continuamos aprendendo cousiñas:
Para saudar: KONNICHIWA
Para agradecer: ARIGATÓ.
Podes repasar os números e a palabra origami nun post anterior.
Tamén coñecemos, a través dun libro da biblioteca, a Haruchan que tén 7 anos. O seu nome significa Pequena Primavera. E en vindeiras sesións ensinaranos como é o seu colexio e o que fai cada día. Polo de agora vimos que na escola tamén teñen clases de origami, e que na súa casa as portas son moi delicadas porque son de papel.
Teñas a idade que teñas, anímate a participar nos obradoiros de papiroflexia. Temos ademais algúns libros de papiroflexia con modelos cos que podes practicar tamén na casa.
Neste vídeo fan un brevísimo repaso pola historia das bibliotecas máis importantes e máis famosas da historia da humanidade.
Lembrade que na biblioteca do Saviñao, aínda que menos famosa ca estas e con menos volumes que os que atesouran nesas bibliotecas, tén tamén libros que che poden interesar.
Este venres tivemos unha sesión moi interesante de papiroflexia.
Aproveitando que o día 5 era o Kodomo no hi (Día do Neno) en Xapón, coñecemos un pouco as tradicións do país nipón.
Para celebrar ese día, elabóranse unha especie de canas das que pendura un peixe-carpa (koinobori) por cada membro da familia. Tamén se elaboran distintos modelos de cascos de guerreiros samurais.
Ademáis aprendemos os números do 1 ó 10, non só a dicilos, senon tamén a escribilos. e para que o blog nos sirva de recordatorio, incluimos aquí un gráfico de resume:
Tamén practicamos a escribir papiroflexia en xaponés (origami):
Ó longo da semana veremos fotos da sesión no apartado de Fotos da biblioteca.
As actividades que se fixeron polo Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro foron referidas en TelevinteChantada.
Pódense ver fotos das actividades na sección de Fotos da biblioteca neste mesmo blog. Se tedes fotos e queredes subilas, podedes facérnoas chegar por correo ou traelas nunha memoria externa para que as subamos ó blog.
23/03/2012:
19/04/2012:
En maio continuamos co noso programa de actividades:
os obradoiros de papiroflexia os venres ás 6 da tarde
o día 9 remata o prazo do Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas
o último venres de mes, o 25 de maio, teremos contacontos seguido de obradoiro ás 5 da tarde
máis actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que iremos dando a coñecer aquí e na prensa.
Este venres é o último do mes, e toca sesión de contacontos. Nesta sesión coñeceremos máis de preto as figuras do danés Hans Christian Andersen e dos irmáns alemáns Ludwig e Wilhelm Grimm. Os autores máis coñecidos de contos infantís coma O parruliño feo, O reiseñor, O soldadiño de chumbo, A Raíña das Neves, A vendedora de mistos, A Sereíña, A princesa e o chícharo, etc. de Andersen, ou Brancaneves, Cincenta, A casiña de Chocolate (ou Hansel e Gretel), Xan sen medo, A Bela Adormecida, O gato con botas, O lobo e os sete cabritiños, etc. dos irmáns Grimm.
A mensaxe para a celebración deste día pódese ler na páxina da UNESCO adicada ó Día do Libro.
É o día ideal para celebrar o Día Internacional do Libro por parte de editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais, etc. que teñen relación cos libros promovendo actividades ó redor do mesmo.
Actividades organizadas por esta biblioteca para celebrar esta data:
1.- unha nova liberación de libros polas vilas de Escairón e Currelos durante toda a semana, ademais de renovar os libros dispoñibles no Punto Oficial de Bookcrossing da biblioteca, inaugurado o pasado 2 de abril celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
[Pulsando na foto podes ver todos os libros que levamos liberados e onde se liberaron]
2.- proxección do vídeo de Don Quixote a partir das 6 da tarde na sala infantil.
3.- exposición das diferentes versións do Quixote dispoñibles na biblioteca (durante toda a semana).
4.- asesoramento para rexistrar os libros na web de bookcrossing a todas as persoas interesadas en liberar libros para unirse a esta celebración. Facilitaránselles tamén pegatinas para identificar os libros liberados (manterase como mínimo ata o verán).
5.- obradoiro de origami, coma tódolos venres desde hai 2 semanas.
Curiosidades da vida, ou mensaxes do universo, estes días saíronme ó paso varios azucariños con temática relativa a esta data:
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares: ·1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos. ·2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración. ·3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres): · Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00 · Verán:      8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)