Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23.
Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días:
venres 20 obradoiro de papiroflexia, con Loli. Os obradoiros de papiroflexia comezaron o venres pasado e terán lugar tódolos venres ás 6 da tarde ata o verán. Aviso: Non se celebrarán o último venres de mes, porque que haberá contacontos.
luns 23, Día do do Libro: proxección da película de debuxos animados do Quixote durante toda a tarde, e durante toda a semana do 23 ó 27 continuará o bookcrossing que se iniciou polo Día do Libro Infantil (o 2 de abril) polas vilas de Escairón e Currelos (liberaranse libros en distintos lugares públicos de Escairón e Currelos, como prazas, debesas, parques infantís, parques biosaudables,...) e ademais cambiaranse os libros do Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca de Escairón. Tódalas persoas interesadas en facer bookcrossing e liberar os seus propios libros poden dirixirse á biblioteca de Escairón e pedir pegatinas para etiquetar os seus libros e axuda para rexistralos na web de bookcrossing. Onde ademais poden consultar todos os libros liberados pola biblioteca
venres 27 contacontos seguido de obradoiro coma tódolos venres de contacontos, será ás 5 da tarde.
En maio celebrarase o Día das Letras Galegas (17 de maio) con varias actividades, a 1ª delas está xa en marcha: o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 sobre o tema "É mentira", que convoca anualmente a Biblioteca Nodal de Lugo para tódalas bibliotecas da provincia, e do que o prazo remata o vindeiro 9 de maio. Poderán presentarse os traballos en calquera das bibliotecas municipais, e as bases poden consultarse no post anterior.
De momento, imos facendo boca cun vídeo sobre a lectura:
Despois, podedes empezar o venres 20 a buscar libros por Sober, e continuar durante toda a semana seguinte no Saviñao.
Ademais dos cursos de informática, está previsto realizar cursos de manualidades para adultos e aula de estudio para nenos.
Os horarios das actividades dependerán do número de inscritos, e os lugares de impartición dependerán das dispoñibilidades espaciais e materiais, polo que é probable que algunha delas se realice noutras dependencias municipais.
Para máis información e inscripcións, hai que dirixirse ó Concelloen horario de 8.00 a 14.00, ou chamar ó 982452061.
Este fin de semana terá lugar en Escairón a 1ª festa da xuventude.
As entradas para o xantar poderán recollerse o xoves e o venres pola tarde na biblioteca (de 16.30 a 20.30).Non temos cambio, polo que haberá que traer o importe exacto (10€). Pola mañá poden seguirse recollendo en horario de 8.00 a 15.00 na Casa do Concello.
A partir do venres podedes chamar ó número da biblioteca para concertar a recollida: 982 452324 (estará desviado a un teléfono móbil).
A continuación podedes consultar o programa de actividades:
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares: ·1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos. ·2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración. ·3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres): · Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00 · Verán:      8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)