Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

Categoría: Día das Letras Galegas

15 Mayo 2012

navegas segur@ por internet?

O día 17 ademais do Día das Letras Galegas, celébrase o Día de Internet.

Para celebralo, invitámoste a que comprobes o seguro que navegas pola rede.

Que sabes de virus, troianos e vermes, spyware, ciberbulling ou grooming?

Neste enlace podes averiguar cal é o nivel de seguridade co que navegas: www.navegacionsegura.es. Xoga ó trivial coas túas amizades e comprobade quen sabe navegar con maior seguridade, onde podedes atopar axuda para os problemas que poidar xurdirvos,... Está na túa man usar ben internet, comprobar a seguridade dos sitios que visitas e desfrutar do Día de Internet.

Sabías navegar seguro? Compárteo, é de interese para todos aprender a navegar con seguridade e aprender onde se pode atopar axuda.

Para celebrar o Día das Letras Galegas, na biblioteca podes atopar unha pequena selección de obras de Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica este ano a data. Ademais colaboramos na III campaña de bookcrossing Conto contigo da Obra Social Nova Caixa Galicia liberando máis libros.

servido por BPM sin comentarios compártelo

3 Mayo 2012

actividades de abril na televisión

As actividades que se fixeron polo Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro foron referidas en TelevinteChantada.

Pódense ver fotos das actividades na sección de Fotos da biblioteca neste mesmo blog. Se tedes fotos e queredes subilas, podedes facérnoas chegar por correo ou traelas nunha memoria externa para que as subamos ó blog.

23/03/2012:

19/04/2012:

En maio continuamos co noso programa de actividades:

  • os obradoiros de papiroflexia os venres ás 6 da tarde
  • o día 9 remata o prazo do Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas
  • o último venres de mes, o 25 de maio, teremos contacontos seguido de obradoiro ás 5 da tarde
  • máis actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que iremos dando a coñecer aquí e na prensa.

servido por BPM sin comentarios compártelo

17 Abril 2012

certame letras galegas 2012

Acaban de comunicarme que o tema será A SUPERSTICIÓN. A continuación mantéñense as bases coa corrección:


Xa saíu a convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, que desde hai máis de 20 anos festexa o Día das Letras Galegas.

Os traballos poderán ser entregados tanto na biblioteca de Escairón coma na de Currelos.

Bases:

- Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2011 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar tódolos nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

  • A superstición.

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

  • A superstición.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.

servido por BPM sin comentarios compártelo

4 Julio 2011

letras galegas 2011 entrega premios

Este ano, novamente un traballo da Biblioteca do Saviñao foi premiado na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas: Paula López Viana, quen non puido vir recoller o seu premio á biblioteca, pero que enviou á súa avoa, quen ademais axudou á Soñadora das Árbores a contar algunhas das súas historias, o mesmo que o resto de público que participou moi animadamente.

Foto dos premiados:

Despois de entregar os galardóns, conmemoramos o Día Mundial dos Bosques Tropicais e o Día Mundial das Árbores, coas historias que nos contou a Soñadora das Árbores (Raquel Queizás), quen tamén estivo na biblioteca de Currelos pola tarde.

Con ela aprendemos por que hai árbores que teñen follas todo o ano e por que outras non, por que non hai auga nos desertos, e moitas máis cousas!!

Podemos ver distintos momentos da actuación de Raquel Queizás como Soñadora das Árbores, e a colaboración do públco en distintos momentos da sesión:

Desde a biblioteca, agradecemos a todos os participantes a súa colaboración, e animamos á participación nos Certames de Nadal e das Letras Galegas, que convocamos tódolos anos.

servido por BPM sin comentarios compártelo

16 Mayo 2011

letras galegas 2011

Celebramos o Día das Letras Galegas publicando o listado de premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas:

Categoría A:

DEBUXO:
1.
Izan Domingo Guitard (3 anos) – A miña profe voando
2.
Martha Rodríguez Expóxito (2 anos) – Unha nave extraterrestre
3.
Yasmina Carballo Rodríguez (7 anos) – Os cans voadores
ACCESIT
Laura Nieves Lorenzo (2 anos) – Carreira de caracois

Categoría B:

DEBUXO:
1.
Paula López Viana (11 anos) – É mentira
2.
Raúl Rodríguez Orgaz (11 anos) – Cómic Grandes momentos humanos
3.
Gabriel Rodríguez Gómez (11 anos) – Todo o que ves é mentira

NARRACIÓN:
1.
Fátima López Rodríguez (11 anos) – A miña viaxe a outra Galaxia
2.
Carla Nieto Beltrán (11 anos) – É mentira

Categoría C:

NARRACIÓN:
1. Yolanda Noguerol Díaz (12 anos) – É mentira

Ademais, regalamos letras galegas: todos os usuarios que visiten hoxe a biblioteta, recibirán como agasallo un libro en galego.

Repasamos a Lois Pereiro:

Mundo Lois

Video dispoñible en Mundo Lois

servido por BPM sin comentarios compártelo

9 Mayo 2011

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

O día 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica á figura de Lois Pereiro.

A Biblioteca Municipal do Saviñao celébrao con varias actividades:

  • Arestas do lampo, recital comentado de textos de Lois Pereiro, na voz de compañeiros e compañeiras poetas da xeración dos 80 (sentimental_ISMO Vangarda Artística das Letras), á que el pertenceu. Será o o día 16 ás 6 da tarde no Auditorio Municipal.
  • exposición das obras do autor dispoñibles na biblioteca (do 10 ó 20 de maio)
  • suplemento especial Letras Galegas 2011 do boletín de suxestións de lectura do 2º trimestre (ata esgotar exemplares)
  • actividades e pasatempos para grandes e pequenos (ata esgotar exemplares)

Ademais, amplíase o prazo para entregar os traballos para o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas ata o mércores 11.

Aproximándonos á obra de Lois Pereiro

Lois Pereiro foi escritor e poeta. Nacido en Monforte de Lemos en 1958, morreu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día no que se coñecía a sentenza.

Ós 17 anos foi a Madrid (para continuar os seus estudos). Alí fundou con Antón Patiño, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia. De novo en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban escritores coma Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel ou Manuel Rivas.

Como mostra doa crueza e nudez da súa poesía, sirva este célebre párrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina de Viso:

Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse,
enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

Obra:

  • poemarios en vida: Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995)
  • a súa obra apareceu en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou activamente na revista Luzes de Galiza, na que se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do Paraíso
  • trala súa morte, Poemas para unha loia (1996), que recolle obras da súa etapa madrileña, publicadas en Loia, e que inclúe o ensaio 'Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia'

Actividades da biblioteca para conmemorar esta data:

  • reparto do Suplemento Día das Letras Galegas 2011 Aproximándonos á obra de Lois Pereiro (do 2º número do boletín da biblioteca) nas dúas bibliotecas do Concello.
  • charla Arestas do lampo da Vangarda Artística das Letras, o día 16 de maio ás 18.00 no Auditorio Municipal.

Corporal (je t'aim...) de Lois Pereiro

Da boca a furia, os dentes:
as armas da paixón
que a pel intacta exploran e profanan

Carne de luxo
amor
tóxico inxecta

Callado o frío na man e na ferida
formiguea insurxente
e cicatriza
entre os peitos posibles
doutro trunfo

Pois cada tres segundos
dúas pálpebras lubrican
os seus ollos hostiles que non cren.

poema 1981/1991 (Edicións Positivas, Santiago de Compostela 1992)

Máis información nos seguintes enlaces:

http://loispereiro.blogaliza.org

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/lois-pereiro_2011

Fillo predilecto de Monforte, nova en: La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego.

servido por BPM sin comentarios compártelo

26 Abril 2011

certame letras galegas 2011

Xa saíu a convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, que desde hai máis de 20 anos festexa o Día das Letras Galegas.

Os traballos poderán ser entregados tanto na biblioteca de Escairón coma na de Currelos.

Bases:

- Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2011 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar tódolos nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

  • É mentira.

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

  • É mentira.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

servido por BPM sin comentarios compártelo

24 Junio 2010

entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo

A Biblioteca Nodal de Lugo fixo xa pública a lista de galardoados na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas 2010.

Os galardoados na fase local están convidados a pasar a recoller os seus agasallos na Biblioteca Municipal do Saviñao (Escairón) o vindeiro luns, día 28, ás 12.00 na sala infantil-xuvenil onde vén sendo habitual que se celebre a entrega de premios.

Este ano hai 1 traballo seleccionado na fase provincial entre os presentados nas bibliotecas do concello, polo que o afortunado ou afortunada que foi galardoad@ pola Biblioteca Nodal, poderá recoller o seu agasallo da fase provincial na Biblioteca Nodal de Lugo o mércores, día 30, ás 18.00. Estivemos agardando a que saíra a relación de premiados da fase provincial do certame, para ser os primeiros en felicitar ó afortunado ou afortunada.

A nosa noraboa de novo a todos os premiados e todas as premiadas no Certame, e a invitación a seguir participando nos certames convocados.

servido por BPM sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera