As actividades que se fixeron polo Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro foron referidas en TelevinteChantada.
Pódense ver fotos das actividades na sección de Fotos da biblioteca neste mesmo blog. Se tedes fotos e queredes subilas, podedes facérnoas chegar por correo ou traelas nunha memoria externa para que as subamos ó blog.
23/03/2012:
19/04/2012:
En maio continuamos co noso programa de actividades:
os obradoiros de papiroflexia os venres ás 6 da tarde
o día 9 remata o prazo do Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas
o último venres de mes, o 25 de maio, teremos contacontos seguido de obradoiro ás 5 da tarde
máis actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que iremos dando a coñecer aquí e na prensa.
Este venres é o último do mes, e toca sesión de contacontos. Nesta sesión coñeceremos máis de preto as figuras do danés Hans Christian Andersen e dos irmáns alemáns Ludwig e Wilhelm Grimm. Os autores máis coñecidos de contos infantís coma O parruliño feo, O reiseñor, O soldadiño de chumbo, A Raíña das Neves, A vendedora de mistos, A Sereíña, A princesa e o chícharo, etc. de Andersen, ou Brancaneves, Cincenta, A casiña de Chocolate (ou Hansel e Gretel), Xan sen medo, A Bela Adormecida, O gato con botas, O lobo e os sete cabritiños, etc. dos irmáns Grimm.
A mensaxe para a celebración deste día pódese ler na páxina da UNESCO adicada ó Día do Libro.
É o día ideal para celebrar o Día Internacional do Libro por parte de editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais, etc. que teñen relación cos libros promovendo actividades ó redor do mesmo.
Actividades organizadas por esta biblioteca para celebrar esta data:
1.- unha nova liberación de libros polas vilas de Escairón e Currelos durante toda a semana, ademais de renovar os libros dispoñibles no Punto Oficial de Bookcrossing da biblioteca, inaugurado o pasado 2 de abril celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
[Pulsando na foto podes ver todos os libros que levamos liberados e onde se liberaron]
2.- proxección do vídeo de Don Quixote a partir das 6 da tarde na sala infantil.
3.- exposición das diferentes versións do Quixote dispoñibles na biblioteca (durante toda a semana).
4.- asesoramento para rexistrar os libros na web de bookcrossing a todas as persoas interesadas en liberar libros para unirse a esta celebración. Facilitaránselles tamén pegatinas para identificar os libros liberados (manterase como mínimo ata o verán).
5.- obradoiro de origami, coma tódolos venres desde hai 2 semanas.
Curiosidades da vida, ou mensaxes do universo, estes días saíronme ó paso varios azucariños con temática relativa a esta data:
Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23.
Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días:
venres 20 obradoiro de papiroflexia, con Loli. Os obradoiros de papiroflexia comezaron o venres pasado e terán lugar tódolos venres ás 6 da tarde ata o verán. Aviso: Non se celebrarán o último venres de mes, porque que haberá contacontos.
luns 23, Día do do Libro: proxección da película de debuxos animados do Quixote durante toda a tarde, e durante toda a semana do 23 ó 27 continuará o bookcrossing que se iniciou polo Día do Libro Infantil (o 2 de abril) polas vilas de Escairón e Currelos (liberaranse libros en distintos lugares públicos de Escairón e Currelos, como prazas, debesas, parques infantís, parques biosaudables,...) e ademais cambiaranse os libros do Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca de Escairón. Tódalas persoas interesadas en facer bookcrossing e liberar os seus propios libros poden dirixirse á biblioteca de Escairón e pedir pegatinas para etiquetar os seus libros e axuda para rexistralos na web de bookcrossing. Onde ademais poden consultar todos os libros liberados pola biblioteca
venres 27 contacontos seguido de obradoiro coma tódolos venres de contacontos, será ás 5 da tarde.
En maio celebrarase o Día das Letras Galegas (17 de maio) con varias actividades, a 1ª delas está xa en marcha: o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 sobre o tema "É mentira", que convoca anualmente a Biblioteca Nodal de Lugo para tódalas bibliotecas da provincia, e do que o prazo remata o vindeiro 9 de maio. Poderán presentarse os traballos en calquera das bibliotecas municipais, e as bases poden consultarse no post anterior.
De momento, imos facendo boca cun vídeo sobre a lectura:
Despois, podedes empezar o venres 20 a buscar libros por Sober, e continuar durante toda a semana seguinte no Saviñao.
Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería. Haberá un obradoiro na biblioteca de Currelos e outro na de Escairón.
Currelos, ás 16:00.
Escairón, ás 18:30.
Podes atopar máis información do autor e a súa obra nos seguintes enlaces:
Este ano, diversas bibliotecas e librerías sumáronse á proposta da OEPLI e GALIX para organizar un macro bookcrossing.
Esta biblioteca é unha das máis de 30 bibliotecas e librarías galegas participantes na iniciativa. Ademais inauguramos hoxe o Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca. Todos os libros que liberamos levan unha breve guía sobre o bookcrossing elaborada por www.bookcrossing-spain.org, a indicación de pasar pola biblioteca para calquera consulta e van identificados coa seguinte pegatina na que se incluiu o seu número de identificación:
Podedes ver os lugares onde se liberaron algúns dos libros:
Se atopaches algún deses libros liberados, entra na web oficial de bookcrossing, cos datos que figuran na pegatina e déixanos saber que foi atopado escribindo no seu diario de viaxe. Non fai falla que te rexistres, podes deixar unha nota anónima. Consulta a lista completa de libros liberados aquí.
Continuando coas actividades conmemorativas do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que iniciamos co contacontos-obradoiro do último venres de mes, dos que se publicarán fotos ó longo destes días, temos para hoxe:
Bookcrossing: Busca libros por Escairón. Esta mañá foron liberados varios libros por distintos lugares públicos da vila para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Pódese consultar a lista completa de libros liberados aquí. Se che interesa saber máis dun libro, pulsa no seu título. Dos libros liberados no colexio de Escairón, xa recibimos noticias dun, e esperamos que non sexa do único! Dos liberados esta mañá aínda non houbo tempo para nada, así que SORTE E A CAZAR!
Ademais da "inauguración" oficial do POBC da Biblioteca (Punto Oficial de BookCrossing da Biblioteca) ás 17:00, liberaranse máis libros pola vila.
Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil de 2012
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.
Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.
Texto: Francisco Hinojosa. Traducción: Eva Lozano Carpente
Podedes atopar trípticos coa mensaxe na biblioteca, e unha exposición das obras de Hans Christian Andersen que temos na biblioteca.
Lembrade que mañá, último venres de mes, temos contacontos. Iniciamos así as actividades para celebrar o mes dos libros: abril, no que se celebran o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).
Serán Contos de Marionetas os que nos esperarán ás 5 da tarde na biblioteca de Escairón, a continuación do cal teremos un obradoiro de títeres de calcetín con Baobab Teatro (que estarán pola mañá en Currelos na biblioteca ás 11.30). Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.
Celebramos así, ademais, o Día do Teatro, que foi este 27 de marzo.
Unha recomendación: trae un calcetín velloque romperas ou che quede xa un pouco pequeno, será o que mellor encaixe na túa man ó facer a marioneta !!! Se queres, podes deixalo na biblioteca desde hoxe.
Mantédevos informados das actividades a desenvolver nos vindeiros días a través do blog!
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares: ·1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos. ·2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración. ·3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres): · Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00 · Verán:      8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)