Esta tarde continuaremos o obradoiro de comadres que empezamos o luns, para rematar as que quedaon sen rematar (ou elaborar unhas novas). E mañá, xogos e fogata para queimalas!
No número desta semana da revista Mujer Hoy (nº 670, do 11 de febreiro) atopamos referencias a algúns autores e libros que temos na biblioteca, como pode ser o de Mujeres malqueridas de Mariela Michelena (referencia que podedes ver marcada na imaxe, e que xa recomendaramos neste outro post) ou de Sigmund Freud.
Para ler calquera deles (libros ou reportaxe) podedes pasarvos pola biblioteca ou comprar a prensa coa que vén a revista.
Resume:
Este libro está dedicado a todas las mujeres que sufren por un mal amor. Mujeres enganchadas a relaciones imposibles, destructivas. Mujeres que lloran por un amor perdido o sin futuro. Mujeres fieles a parejas intermitentes. Amores furtivos, prohibidos, clandestinos. Mujeres extraordinarias que se transforman en niñas enfermizas si un hombre no las llama. Mujeres que son fuertes ante todos los retos de la vida, excepto para resguardarse de quien las quiere mal. Mujeres dispuestas a esperar y esperar. Engañadas, traicionadas, en definitiva: malqueridas.
Si piensas que puedes haber caído en alguno de los «pecados capitales» de las malqueridas, pregúntate si:
* Eres sumisa con tu pareja para no provocar conflictos. * Rompes y retomas tu relación continuamente. * No puedes vivir sin esa persona aunque sabes que no te quiere como tú te mereces. * Te adaptas a él de tal manera que eres capaz de transformarte en cualquier cosa con tal de no perderle. * Eres incapaz de hablar con tus amigas de tus sentimientos.
Mariela Michelena traza en estas páginas un mapa de las relaciones de pareja, en el que el norte siempre eres tú, y señala los caminos para que puedas retomar las riendas de tu vida, dirigirla mejor y recuperar tu autonomía.
Hoxe presentamos unha curtametraxe, inspirada na mesma medida polo furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor desmedido polos libros, "Morris Lessmore" é unha historia sobre as persoas que adican a súa vida ós libros e os libros que devolven o favor. Unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da historia. Usando unha variedade de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación en 2D) o galardoado autor-ilustrador William Joyce e o co-director Brandon Oldenburg presentan unha nova experiencia narrativa que se remonta ás películas mudas e musicais de MGM en Technicolor. "Morris Lessmore" é anticuada e ó mesmo tempo tremendamente actual.
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é unha das 5 curtametraxes que participan na convocatoria deste ano aos premios da Academia de Cine Americana (os populares "Oscar").
O Goberno galego aprobou no Consello da Xunta de onte a declaración de ben de interese cultural (BIC) do castro de Baroña (Porto do Son) na categoría de zona arqueolóxica, e non de monumento, como se plantexaba nun principio. Trátase da máxima figura xurídica de protección patrimonial para axudar a frear o seu deterioro.
Ademais de contar co máximo nivel de protección que outorga a figura BIC, posúe tamén un plan especial de protección municipal que inclúe os criterios básicos que rexerán as futuras intervencións.
En Xapón, tralo terremoto do 11 de marzo que causou enormísimos destrozos no país, a poboación empeza a saír á rúa para protestar contra o desastre de Fukushima, co apoio de relevantes intelectuais coma Kenzaburo Oe (Nobel de Literatura de 1994) ou Haruki Murakami.
[pulsar nos seus nomes para ver os libros que teñen na biblioteca]
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares: ·1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos. ·2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración. ·3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres): · Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00 · Verán:      8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)