Categoría: obradoiros
3 Noviembre 2009

Amalia Pérez Otero, diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, conta con ampla experiencia no eido da educación tanto como mestra coma como psicopedagoga.
Entre as súas publicacións para nenos destacan as coleccións de libros con Yared como protagonista e a dos libros das illas.


Visitará o venres a biblioteca para realizar un obradoiro de contacontos para pais.

servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
23 Octubre 2009
Tralo éxito da actividade, os 15 rapaces que se animaron a reproducir o conto de Aladino e a lámpada marabillosa en láminas, invitan a quen queira asistir o vindeiro venres, día 30 de outubro a partir das 18.30, á representación-exposición da súa obra.

Ó longo da vindeira semana darán os últimos toques á súa obra.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
3 Agosto 2009
Hoxe, no obradoiro de pintura con Daniel e Brais, os nenos desfrutaron sendo eles mesmos os que decoraron as paredes da biblioteca, na parte adicada a eles.
Vemos aquí o resultado e os participantes, que despois de escoitar en qué consistía a tarefa e as explicacións sobre que-como-onde se ía pintar, se puxeron axiña mans á obra :

Novas na prensa con fotos en La Voz de Galicia (hai que ver todas as fotos para chegar á foto dos nenos na biblioteca).
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
31 Julio 2009
Coma tódolos veráns, a biblioteca súmase ós festexos da vila de Escairón e organiza actividades para os máis novos. Este ano, o luns 3 de agosto, celebrarase un obradoiro de pintura a cargo de Daniel Xove a partir das 5 da tarde, aproveitando a conclusión e inauguración dos traballos de ilustración da biblioteca paara contar novamente coa presenza do autor das ilustracións da obra Vouvos papar de Edicións Xerais, e que se atopa entre os fondos da biblioteca. [ler reseña do libro]

servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
6 Febrero 2009
Día 11: Entrega de Premios do Certame de Poesía Infantil de Nadal e Obradoiro de Compadres
Día 13: Obradoiro de San Valentín
Día 18: Obradoiro de Comadres
Día 20: Obradoiro de Disfraces
Tódolos obradoiros desenvolveránse de 17.30 a 18.30, agás o de elaboración de Compadres, que se iniciará inmediatamente despois da entrega de premios.
Os interesados en participar, deberían anotarse na biblioteca algún día antes das actividades, para que os materiais disponibles abonden para todos.
Agradécese a colaboración dos asistentes para os obradoiros de Compadres e Comadres traendo pezas de roupa inservibles para a súa elaboración.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
15 Diciembre 2008
Despois do obradoiro de postais con técnica mixta de calcado, coloreado e pegado, o vindeiro venres teremos o obradoiro de elaboración de adornos de Nadal.
Xa van chegando participacións no Certame de Poesía Infantil de Nadal, ánimo e a participar.
Podedes deixarnos as vosas neve-fotos-divertidas para que as publiquemos.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
4 Diciembre 2008

Ademais da elaboración de felicitacións e adornos de Nadal, haberá láminas para colorear na sala infantil, con motivos alusivas a estas datas.
Coma sempre, recoméndase anotarse antes para ter suficientes materiais.
Lembrar ademais que o prazo de recollida de poesías de Nadal remata o día 19.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
15 Septiembre 2008
Continuando coa programación de formación de adultos en novas tecnoloxías, está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de novas tecnoloxías que se impartirán na biblioteca en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información a partir deste mes de setembro.
Os obradoiros son os seguintes:
- Manexo do rato e do teclado
- Procura de información en Internet
- Alfabetización Dixital: Iniciación a Informática e Internet
- Iniciación a Informática
- Iniciación a Internet
- Suite Ofimática: OpenOffice
- Mecanografía
- Procesador de textos: Writer
- Blog, participa en Internet
- Cociña en Internet
- Saúde en Internet
- Solicitude de Cita Médica en Internet
- Elaboración CV
- Procura de emprego
- Telefonía por internet
- Videoconferencia
- Creación dunha Conta de Correo Electrónico
- Introducción á fotografía dixital
- Edición de imaxes: GIMP
- Ed. de imaxes I
- Ed. de imaxes II
- Manexo da cámara dixital
- Manexo do teléfono móbil
- SIXPAC: Sistema de Información Xeográfica
- Alfabetización para adultos con medios dixitais
Cada persoa pode anotarse en cantos obradoiros sexan do seu interese.
Só se celebrarán os obradoiros que conten co número necesario de participantes, polo que non se garante que se impartan todos.
A duración varía segundo a temática, de1 a 10 días, cunha duración de 1 hora e media por día.
As datas iranse concretando conforme se vaian pechando grupos. Faranse varios grupos para os obradoiros con maior demanda.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo