Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

Categoría: obradoiros

15 Septiembre 2008

relación de obradoiros

Continuando coa programación de formación de adultos en novas tecnoloxías, está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de novas tecnoloxías que se impartirán na biblioteca en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información a partir deste mes de setembro.

Os obradoiros son os seguintes:

  1. Manexo do rato e do teclado
  2. Procura de información en Internet
  3. Alfabetización Dixital: Iniciación a Informática e Internet
  4. Iniciación a Informática
  5. Iniciación a Internet
  6. Suite Ofimática: OpenOffice
  7. Mecanografía
  8. Procesador de textos: Writer
  9. Blog, participa en Internet
  10. Cociña en Internet
  11. Saúde en Internet
  12. Solicitude de Cita Médica en Internet
  13. Elaboración CV
  14. Procura de emprego
  15. Telefonía por internet
  16. Videoconferencia
  17. Creación dunha Conta de Correo Electrónico
  18. Introducción á fotografía dixital
  19. Edición de imaxes: GIMP
  20. Ed. de imaxes I
  21. Ed. de imaxes II
  22. Manexo da cámara dixital
  23. Manexo do teléfono móbil
  24. SIXPAC: Sistema de Información Xeográfica
  25. Alfabetización para adultos con medios dixitais

Cada persoa pode anotarse en cantos obradoiros sexan do seu interese.

Só se celebrarán os obradoiros que conten co número necesario de participantes, polo que non se garante que se impartan todos.

A duración varía segundo a temática, de1 a 10 días, cunha duración de 1 hora e media por día.

As datas iranse concretando conforme se vaian pechando grupos. Faranse varios grupos para os obradoiros con maior demanda.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

6 Agosto 2008

verán do 2008

Estes pasados días tivemos varias sesións de contacontos e obradoiros. Aquí queda unha pequena mostra do que foron estas actividades e un resume dos fogos de artificio que puxeron fin ás festas da vila.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

28 Julio 2008

4 de agosto ás 12.00 - contacontos+obradoiro

Dentro das actividades que se desenvolven durante as festas patronais da vila de Escairón , a biblioteca ofrece o día 4 de agosto un contacontos para nenos de 6 a 10 anos (idade orientativa).
Será na biblioteca ás 12.00. Continuaráse cun obradoiro de manualidades para os participantes. Recoméndase anotarse antes para ter materiais suficientes, e establecer quendas se o número de participantes fora moi alto.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

16 Julio 2008

28 de xullo ás 12.00 - kamishibai


Como preludio das actividades que se celebrarán na vila de Escairón durante as festas patronais (a partir do 1 de agosto), a biblioteca ofrece o día 28 de xullo unha sesión de kamishibai (teatro de papel) con Marisa Irimia, para peques de ata 8 anos (idade orientativa).
Será na biblioteca ás 12.00 e a continuación haberá un obradoiro para os participantes. Recoméndase anotarse antes para ter materiais suficientes, e establecer quendas se o número de participantes fora moi alto.

Esta sesión de kamishibai forma parte do premio María Moliner recibido pola biblioteca.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

2 Abril 2008

Máis sobre os obradoiros

A

Ninja!

xa tén confirmadas as datas da segunda edición do obradoiro
de Iniciación á Informática (retrásase en 1 día con respecto
ó previsto, pero mantén a súa duración), quedando:
do día 8 ó 21 de abril, en 2 grupos (un ás 6 e outro ás 8).

Os obradoiros de Iniciación á Internet,
terán lugar do 22 ó 26 de abril, tamén en dous grupos,
nunha primeira quenda para os participantes na
primeira edición de Iniciación á informática.

Máis información, na propia Biblioteca.

servido por bpmsavinao 5 comentarios compártelo

25 Marzo 2008

Continuamos formando

Onte deu comezo o obradoiro de manexo de teléfonos móbiles (obradoiro que descansa hoxe), e ó que invitamos a participar a calquera persoa que teña problemas para manexar o seu terminal. É recomendable acodir co manual de instruccións, pero se non se dispón del non pasa nada.
Enlázovos aquí a nova de prensa do recital de poesía na Voz de Galicia.
Ademais, debido ó interese que suscitou no obradoiro de iniciación á informática o uso de internet, celebraránse tamén varios obradoiros para introducir ás persoas interesadas no seu manexo. Quen teña interese, pódese anotar na Biblioteca. Lembramos o horario: de luns a venres de 10.00-14.00 e de 16.30 a 20.00.

servido por bpmsavinao 1 comentario compártelo

18 Marzo 2008

Recital de Alicia Fernández

Xa temos fotos do recital desta tarde, que estivo moi concurrido.

Nuns días teremos a relación de poemas recitados, e espero que algún vídeo.

Polo de agora, podedes botar unha visual a varios momentos do recital.

Felices vacacións.

Estes son os poemas que recitou Alicia ademais da súa propia obra, facendo un percorrido por diversos estilos poéticos, temáticas e idiomas varios:

María Lado (casa atlántica, casa cabaret),
Luísa Castro (Baleas e baleas),
Lucía Aldao,
Claudio Rodríguez Fer (extrema Europa),
Chus Pato (m-Talá),
Olga Novo (A cousa vermella),
María do Cebreiro,
Kiko Neves (Un poema de amor),
Pilar Pallarés (Livro das devoracións),
Alba Vidal Fernández, Fran Cortegoso, Gonzalo Hermo,
Elvira Riveiro Tobío (Andar ao leu e Arxilosa),
Miriam Reyes (Bella durmiente),
Cristina Peri Rossi (Poesía reunida) e
Adília Lopes (Obra)

Ademais recoméndanos este vídeo-poema de Yolanda Castaño:

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

18 Marzo 2008

Clausura dos cursos de informática

Hoxe rematan as clases dos dous cursos de iniciación á informática que se estaban desenvovlendo na biblioteca.

Aquí vos poño unha fotiños de cada grupo:

Lembrade que despois de Semana Santa, comenzará o
obradoiro de manexo de teléfonos mobiles,
e do 7 ó 18 de abril comenzarán outros seguintes
obradoiros de iniciación á informática.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera