Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

Categoría: patrimonio

30 Octubre 2011

A CASA da BOTICA

Esta é a vista do edificio que hoxe ocupa a biblioteca, desde o solar no que se construiu o Auditorio Municipal e o lavadoiro de coches da Gasolineira de Escairón aló polos anos 60. Pódese apreciar que se conservou a súa estrutura orixinal.

Xosé Benito de Lage casou con María Vicenta de Prado, dotada polos seus maiores coa titularidade da casa coa horta anexa, no ano 1815. Sen dúbida, as instalacións non eran suficientes porque cara a 1830 construíron, con importantes axudas familiares, a máis tarde coñecida por "Casa nova da Botica".

Así comeza o artigo que fala da orixe do edificio que hoxe ocupa  Biblioteca Municipal en Escairón. Pódese consultar o texto completo na wiki da biblioteca, ou premendo sobre a cita do artigo.

Tedes fotos do edificio de anos atrás? Podedes facelas chegar á biblioteca a traves deste formulario.

servido por BPM sin comentarios compártelo

28 Julio 2011

que facer este verán [1]

Á marxe dos libros que poidamos recomendar para entreter as tardes deste verán, este ano recomendamos aproveitar o caudal do embalse de Belesar en mínimos históricos (está a menos do 5% do seu caudal), para facer turismo "arqueolóxico subacuático ó aire libre".

Podemos ver as ruínas de diversos pobos, ribeiras e vías que quedaron asolagados pola auga ó encherse o embalse de Belesar polos anos '60.

Recomendacións imprescindibles para facer estas rutas, só 2 que son imprescindibles:

  • Precaución: para evitar accidentes é recomendable levar roupa e calzado adecuados para camiñar por terreos quebrados (pedras soltas e zonas fangosas) e non achegarse moito ó río pois pode resultar moi perigoso porque o fango ademais de esvaradizo, ó afundir nel nas proximidades da auga fai moi difícil saír del aínda con axuda. Se se leva cámara de fotos ou de vídeo, convén non esquecer esta recomendación de mirar e comprobar ben por onde se pisa (evitando saltar).Se fai calor, como fixo estes días atrás, é tamén importante levar auga en abundancia para evitar a deshidratación, pois hai que andar moitos tramos a pé.
  • Respeto: polos monumentos de cultura popular e etnográfica que chegaron a nós conservados pola auga do Pai Miño (aínda se poden ver adegas, barcas, muras, fornos, muíños, igrexas, etc en perfecto estado de conservación) para que se poida volver gozar da súa visión no futuro cando volvan baixar as augas a este nivel. Respeto que se manifesta tamén no saber do por que iso está ahí, como se fixo o traslado forzoso da xente, etc. pois iso forma tamén parte da nosa historia. E desde logo, non esquilmar as ruínas vexetais (cepas, carballos, castiñeiros, sobreiras, etc.) nin, por suposto, as patrimoniais.

FOTOS:

Castro de Candaz (Chantada) visto desde Ribas do Miño (O Saviñao)

Ribeiras de Ribas do Miño (O Saviñao) vistas desde o Castro de Candaz (Chantada)

Ponte entre os concellos do Saviñao e Taboada. Desde ela pode verse a vella ponte que unía os concellos e que queda asolagada polo embalse de Belesar.

A ponte que quedou asolagada aínda podería ser usada hoxe para circular por ela...

No pobo de Mourulle, asolagado polo embalse, poden verse os restos dun convento, da igrexa, un pozo, etc. se na visita coincidimos cun lugareño, pode contarnos a historia do lugar.

servido por BPM sin comentarios compártelo

10 Enero 2011

patrimonio cultural danado

O día 30 de decembro sorprendía a moitos (pero non a todos) o derrumbamento da fachada do pazo episcopal de Diomondi, edificio que sufrira hai uns poucos anos unha actuación importante para substituir o seu tellado que presentaba un pésimo estado de conservación o mesmo que o interior. Interior, que xunto coa fachada abombada non foron tocados durante esa actuación.

A igrexa, que forma parte do conxunto foi recoñecida como Monumento Nacional (xunto coa de Santo Estevo de Ribas de Miño) nun decreto do 3 de xuño de 1931. Esperemos que ningún destes monumentos corra a mesma sorte que o pazo, xa que ambas fachadas presentan gretas e abombamentos.

A causa principal da caída foi o mal estado do muro da fachada (de máis dun metro de grosor), axudado polas inxentes cantidades de choiva caída durante os últimos días de decembro.

Choivas, que no que vai deste ano 2011, nos regalaron imaxes interesantes de regatos desbordados, ríos lodos pola cantidade de torrentes xurdidos onde antes só había pequenos regos secos a maior parte do ano, estradas e carreiros convertidos en curiosos ríos por uns días.

Incluímos a continuación varias imaxes que destacan as sorprendentes imaxes que nos regalaron estas breves vacacións de Nadal.

A forza da auga "trasplantou" esta árbore ó asfalto.

Varios desprendementos ocasionados pola gran cantidade de auga caída (estes dous, son pola estrada de Belesar-Acoba).

A cantidade de choiva, ocasionou que xurdiran manantiais onde non os había e que pequenos regos se convertisen en auténticos torrentes, regatos que, enfurecidos pola forza da auga, moven muíños, e ó chegar ó Miño, enturbian as súas augas. (fotos de Freán, Belesar e Acoba, vídeo de Pesqueiras)

servido por BPM sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera