Día 11: Entrega de Premios do Certame de Poesía Infantil de Nadal e Obradoiro de Compadres
Día 13: Obradoiro de San Valentín
Día 18: Obradoiro de Comadres
Día 20: Obradoiro de Disfraces
Tódolos obradoiros desenvolveránse de 17.30 a 18.30, agás o de elaboración de Compadres, que se iniciará inmediatamente despois da entrega de premios.
Os interesados en participar, deberían anotarse na biblioteca algún día antes das actividades, para que os materiais disponibles abonden para todos.
Agradécese a colaboración dos asistentes para os obradoiros de Compadres e Comadres traendo pezas de roupa inservibles para a súa elaboración.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
Coincidindo coa celebración do 'Día das Bibliotecas' o día 24 de outubro foron fallados en Madrid os premios 'María Moliner' de animación á lectura, na súa decimoprimeira edición. Estes premios que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de poboacións de menos de 50.000 habitantes de toda España, recaeron nas bibliotecas de: biblioteca de Ortigueira (A Coruña) na categoría de animación á lectura; Igualada (Barcelona), na categoría de labor bibliotecaria, e finalmente ao concello de La Oliva (Las Palmas) na modalidade de integración social.
Tiveron mención especial varias bibliotecas galegas amigas: Oleiros, Cambre e Sada (A Coruña) e a biblioteca do Porriño (Pontevedra).
Esta biblioteca foi novamente seleccionada para recibir un dos 350 premios que entregan cada ano o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España.
Pódese consultar a lista oficial de bibliotecas premiadas en anos anteriores e a lista dos premiados deste ano.
Quero agradecer a todos os asistentes ás actividades organizadas a súa participación e colaboración, posto que sen eles non tería sido posible concorrer a este premio. Asimesmo animar a quen aínda non o fixera, a participar e colaborar nas actividades que se organizan.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo

Como preludio das actividades que se celebrarán na vila de Escairón durante as festas patronais (a partir do 1 de agosto), a biblioteca ofrece o día 28 de xullo unha sesión de kamishibai (teatro de papel) con Marisa Irimia, para peques de ata 8 anos (idade orientativa).
Será na biblioteca ás 12.00 e a continuación haberá un obradoiro para os participantes. Recoméndase anotarse antes para ter materiais suficientes, e establecer quendas se o número de participantes fora moi alto.
Esta sesión de kamishibai forma parte do premio María Moliner recibido pola biblioteca.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo
Acaban de chegar as fotos da entrega de premios da fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Día das Letras Galegas 2008, celebrada en Lugo o pasado día 26 de xuño.
galardoados da fase provincial e os traballos seleccionados:

traballo seleccionado desta biblioteca e entrega do premio:

Felicitar novamente a Arlet, que recibiu un accésit na fase provincial.
Pódense ver máis fotos e os traballos premiados na fase local na biblioteca.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo

Como sabedes, habitantes do concello, durante varios días non funcionou a conexión ADSL en todo o concello, polo que a comunicación oficial da concesión dun dos 350 premios deste ano nos chegou uns días máis tarde. Pero paso a informarvos agora mesmo:
Coincidindo coa celebración do 'Día das Bibliotecas' o día 24 de outubro foron fallados en Madrid os premios 'María Moliner' de animación á lectura, na súa décima edición. Estes premios que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España, e este ano recaeron nas bibliotecas de: biblioteca de Villena (Alicante), na categoría de animación á lectura; á localidade asturiana de Pravia, na categoría de labor bibliotecaria, e finalmente ao concello de Sartaguda (Navarra) na modalidade de integración social. Tiveron mención especial dúas bibliotecas galegas: na modalidade de labor bibliotecaria, o proxecto presentado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, e na categoría de animación á lectura o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros (A Coruña).
Como xa vos dixen, esta biblioteca recibiu un dos 350 premios que entregan cada ano o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España.
A lista oficial de bibliotecas premiadas aínda non se publicou, pero espero que en breve se poida atopar a deste ano aquí.
servido por bpmsavinao
sin comentarios
compártelo