Biblioteca Pública Municipal do Saviñao http://bpmsavinao.espacioblog.com Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte es-es Cultura libros biblioteca lectura the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com cociña de entroido http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/15/cocina-entroido 2012-02-15T11:20:07+00:00 Esta tarde continuaremos o obradoiro de comadres que empezamos o luns, para rematar as que quedaon sen rematar (ou elaborar unhas novas). E mañá, xogos e fogata para queimalas!

Por outro lado, podemos atopar nos numerosos libros de cociña, deliciosas receitas galegas para este tempo de entroido.

Para abrir boca, queda aquí unha receita para facer as famosas orellas de entroido:

[pulsa na receita para vela máis grande]

Por suposto, tomada dun libro da biblioteca: Recetas de cociña galega, de Carmen Parada.

Podedes traer a proba? Ou mandar unha foto para facernos a boca auga?

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/15/cocina-entroido#comentarios
libros de revista na biblioteca http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/10/libros-revista-na-biblioteca 2012-02-10T19:22:10+00:00 No número desta semana da revista Mujer Hoy (nº 670, do 11 de febreiro) atopamos referencias a algúns autores e libros que temos na biblioteca, como pode ser o de Mujeres malqueridas de Mariela Michelena (referencia que podedes ver marcada na imaxe, e que xa recomendaramos neste outro post) ou de Sigmund Freud.

Para ler calquera deles (libros ou reportaxe) podedes pasarvos pola biblioteca ou comprar a prensa coa que vén a revista.

Resume:

Este libro está dedicado a todas las mujeres que sufren por un mal amor. Mujeres enganchadas a relaciones imposibles, destructivas. Mujeres que lloran por un amor perdido o sin futuro. Mujeres fieles a parejas intermitentes. Amores furtivos, prohibidos, clandestinos. Mujeres extraordinarias que se transforman en niñas enfermizas si un hombre no las llama. Mujeres que son fuertes ante todos los retos de la vida, excepto para resguardarse de quien las quiere mal. Mujeres dispuestas a esperar y esperar. Engañadas, traicionadas, en definitiva: malqueridas.

Si piensas que puedes haber caído en alguno de los «pecados capitales» de las malqueridas, pregúntate si:

* Eres sumisa con tu pareja para no provocar conflictos.
* Rompes y retomas tu relación continuamente.
* No puedes vivir sin esa persona aunque sabes que no te quiere como tú te mereces.
* Te adaptas a él de tal manera que eres capaz de transformarte en cualquier cosa con tal de no perderle.
* Eres incapaz de hablar con tus amigas de tus sentimientos.

Mariela Michelena traza en estas páginas un mapa de las relaciones de pareja, en el que el norte siempre eres tú, y señala los caminos para que puedas retomar las riendas de tu vida, dirigirla mejor y recuperar tu autonomía.

 

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/10/libros-revista-na-biblioteca#comentarios
xoves de compadres 2012 http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/10/xoves-compadres-2012 2012-02-10T13:54:51+00:00 Onte reuníronse os compadres, para arder e dar algo de calor na xélida tarde despois dos xogos e carreiras pola praza.

Presentamos só algunhas fotos dos xogos e da queima:

Chegamos ...

... organizámonos un pouco ...

... corremos un pouco ...

... e comeza a queima ...

... todos a arder ...

... e quentarnos un pouco ...

... para tornar o frío.

Tampouco o compadre da biblioteca se salvou da queima:

Así estaba el de feliz ...

... e así acabou. Debería dicir: "Corre que te QUEIMAN"

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/10/xoves-compadres-2012#comentarios
entrega de premios de poesía de nadal (II) http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/08/entrega-premios-poesia-nadal-ii 2012-02-08T19:55:04+00:00 Xa temos algunhas fotos da entrega de premios do Certame de Poesía Infantil de "Nadal 2011" e da sesión de contacontos con obradoiro que tivemos despois. Se tedes máis fotos, podedes envialas á biblioteca para que as publiquemos.

Para ver as fotos en grande, só hai que pulsar nelas.

Os premiados: Carlos, Javier, José Manuel, Lucía, Marta, Naiara e Yasmina (na foto falta Naiara, que chegou máis tarde pero tamén levou o seu diploma, copia da poesía premiada e premio).

Vemos as máscaras que se fixeron no obradoiro.

E todos contentos para a casa coa nosa cara de elefante.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/08/entrega-premios-poesia-nadal-ii#comentarios
libros no cine en pequeno http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/03/libros-cine-pequeno 2012-02-03T13:57:30+00:00 Hoxe presentamos unha curtametraxe, inspirada na mesma medida polo furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor desmedido polos libros, "Morris Lessmore" é unha historia sobre as persoas que adican a súa vida ós libros e os libros que devolven o favor. Unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da historia. Usando unha variedade de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación en 2D) o galardoado autor-ilustrador William Joyce e o co-director Brandon Oldenburg presentan unha nova experiencia narrativa que se remonta ás películas mudas e musicais de MGM en Technicolor. "Morris Lessmore" é anticuada e ó mesmo tempo tremendamente actual.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é unha das 5 curtametraxes que participan na convocatoria deste ano aos premios da Academia de Cine Americana (os populares "Oscar").

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

(Información traducida de Moonbot Studios en http://vimeo.com/35404908).

Máis información en Moonbot Studios. Dispoñible para mobil en APP Store e iTunes.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/03/libros-cine-pequeno#comentarios
entrega de premios de poesía de nadal http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/01/entrega-premios-poesia-nadal 2012-02-01T10:33:02+00:00 Este venres día 3 ás 4 da tarde, celebrarase a entrega de premios do Certame de Poesía Infantil de "Nadal 2011".

Será na Axencia de Lectura de Currelos. A continuación da entrega de premios terá lugar unha sesión de contacontos con obradoiro para todos os asistentes, non só os premiados: Carlos, Javier, José Manuel, Lucía, Marta, Naiara e Yasmina.

Estades tod@s convidad@s a asistir.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/02/01/entrega-premios-poesia-nadal#comentarios
contacontos pola paz http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/27/contacontos-pola-paz 2012-01-27T19:47:36+00:00 Hoxe vimos o conto sen palabras A mazá e a bolboreta (de Enzo e Iela Mari), o conto de amizade Queres xogar comigo? (de Eric Carle), o conto de enfados A bruxa enrabechada (de Joles Sennel e Malagón) e o conto de batallas Negros y blancos (de David McKee).

E aquí podemos ver as primeiras imaxes do obradoiro que seguiu á sesión de contacontos, para elaborar caras de elefantes:

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/27/contacontos-pola-paz#comentarios
programación de actividades http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/24/programacion-actividades 2012-01-24T20:03:27+00:00 Xa está perfilado o programa de actividades do primeiro semestre de 2012. De momento, veremos as actividades do primeiro trimestre.

1.- Contacontos: os últimos venres de mes ás 5 da tarde:

  • 27 de xaneiro: Contacontos pola paz

  • 24 de febreiro: Contacontos da igualdade
  • 30 de marzo: Contacontos de marionetas

2.- Obradoiros

a) para o Entroido:

  • días 6 e 8 ás 6 da tarde: obradoiro de compadres,

  • días 13 e 15 ás 6 da tarde: obradoiro de comadres,

Tanto compadres coma comadres, queimaranse na praza Maior o xoves, despois dos xogos populares que empezan ás 17.15

b) polo Día do Teatro:

  • día 30 de marzo obradoiro de marionetas (despois da sesión de contacontos)
]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/24/programacion-actividades#comentarios
Fallo do Certame Infantil de Poesía de Nadal 2011 http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/02/fallo-do-certame-infantil-poesia-nadal-2011 2012-01-02T11:09:13+00:00 Os galardoados no Certame de poesía infantil "O NADAL 2011" son:

Categoría A: ata 8 anos

  • Lucía (8 anos)
  • Marta (8 anos)
  • Yasmina (7 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Carlos (11 anos)
  • Javier (9 anos)
  • Naiara (9 anos)

Categoría C: a partir de 12 anos

  • José Manuel (12 anos)

Aquí figura só o nome, no listado que se publicará na biblioteca, figurará o nome completo dos premiados. Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. A data de entrega dos premios darase a coñecer na biblioteca.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/01/02/fallo-do-certame-infantil-poesia-nadal-2011#comentarios
obradoiros infantís de nadal http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2011/12/21/obradoiros-infantis-nadal 2011-12-21T11:11:14+00:00 Este nadal, realizaremos varios obradoiros relacionados co uso dos recursos dispoñibles na biblioteca e de liberación da creatividade dos participantes.

Que é e como se escribe a poesía? E para que serve?

A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de recoñecer unha poesía e adquiran unhas pautas básicas para a súa creación, e así se animen a presentar as súas obras nos certames de poesía que convocamos anualmente. Ademais, descubrirán que hai distintos tipos de poemas, algúns tan gráficos coma un debuxo... e moito máis bonitos. Veremos cantas cousas están escritas en forma de poesía (cancións, refráns, anuncios,...).

Que narices é un dicionario e para que me serve se xa o podo buscar en internet?

A finalidade deste obradoiro é que os participantes sexan capaces de usar o alfabeto para buscar información do seu interese non só nun dicionario ou enciclopedia, senon en moitos outros sitios onde esta aparece relacionada a información de forma alfabética, incluso en páxinas de internet (por exemplo un listado de cancións dun grupo musical, de libros dun autor determinado), saber por que está ordeada así a lista de alumnos da súa clase,.... Ademais serán capaces de localizar na biblioteca un libro coñecendo a súa localización topográfica. Xogaremos a atopar os libros e competiremos por equipos para localizalos todos. Ademais descubriremos que non sempre en internet atopamos a información correcta.

Contacontos

Faremos ademais unha sesión de contacontos en xaneiro.

Estas actividades faranse os días 22 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro.
A hora e posibles variacións de data, anunciaranse na biblioteca.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2011/12/21/obradoiros-infantis-nadal#comentarios