Biblioteca Pública Municipal do Saviñao http://bpmsavinao.espacioblog.com Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte es-es Cultura libros biblioteca lectura the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com navegas segur@ por internet? http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/15/navegas-segur-internet 2012-05-15T13:54:22+00:00 O día 17 ademais do Día das Letras Galegas, celébrase o Día de Internet.

Para celebralo, invitámoste a que comprobes o seguro que navegas pola rede.

Que sabes de virus, troianos e vermes, spyware, ciberbulling ou grooming?

Neste enlace podes averiguar cal é o nivel de seguridade co que navegas: www.navegacionsegura.es. Xoga ó trivial coas túas amizades e comprobade quen sabe navegar con maior seguridade, onde podedes atopar axuda para os problemas que poidar xurdirvos,... Está na túa man usar ben internet, comprobar a seguridade dos sitios que visitas e desfrutar do Día de Internet.

Sabías navegar seguro? Compárteo, é de interese para todos aprender a navegar con seguridade e aprender onde se pode atopar axuda.

Para celebrar o Día das Letras Galegas, na biblioteca podes atopar unha pequena selección de obras de Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica este ano a data. Ademais colaboramos na III campaña de bookcrossing Conto contigo da Obra Social Nova Caixa Galicia liberando máis libros.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/15/navegas-segur-internet#comentarios
obradoiros de papiroflexia ás 5 da tarde http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/14/obradoiros-papiroflexia-as-5-da-tarde 2012-05-14T16:50:46+00:00 Foron moitos os que nos pediron que cambiaramos os obradoiros para as 5 porque ás 6 teñen que marchar.

Por iso, a partir deste venres, os obradoiros de papiroflexia comezarán ás 5 da tarde.

A duración segue a ser de máis ou menos en 1 hora e ademais de practicar papiroflexia coñeceremos algunhas tradicións e costumes do Xapón.

Continuamos aprendendo cousiñas:

Para saudar: KONNICHIWA

Para agradecer: ARIGATÓ.

Podes repasar os números e a palabra origami nun post anterior.

Tamén coñecemos, a través dun libro da biblioteca, a Haruchan que tén 7 anos. O seu nome significa Pequena Primavera. E en vindeiras sesións ensinaranos como é o seu colexio e o que fai cada día. Polo de agora vimos que na escola tamén teñen clases de origami, e que na súa casa as portas son moi delicadas porque son de papel.

Teñas a idade que teñas, anímate a participar nos obradoiros de papiroflexia. Temos ademais algúns libros de papiroflexia con modelos cos que podes practicar tamén na casa.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/14/obradoiros-papiroflexia-as-5-da-tarde#comentarios
breve historia das bibliotecas máis importantes do mundo http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/10/breve-historia-das-bibliotecas-mais-importantes-do-mundo 2012-05-10T19:58:32+00:00 Neste vídeo fan un brevísimo repaso pola historia das bibliotecas máis importantes e máis famosas da historia da humanidade.

Lembrade que na biblioteca do Saviñao, aínda que menos famosa ca estas e con menos volumes que os que atesouran nesas bibliotecas, tén tamén libros que che poden interesar.

¡Pásate a ver as nosas novidades!

¡E tamén os máis emprestados!

Ademais podes aproveitar a visita para informarte das actividades que estamos a desenvolver.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/10/breve-historia-das-bibliotecas-mais-importantes-do-mundo#comentarios
faleceu Maurice Sendak http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/09/faleceu-maurice-sendak 2012-05-09T14:01:01+00:00 Maurice Sendak, autor clásico da literatura infantil do S. XX, faleceu onte.

O seu título máis coñecido é Onde viven os monstros, que se pode leer nesta biblioteca tanto en galego coma en castelán.

Pódese ver aquí en debuxos animados (hai uns anos deu o salto á gran pantalla con personaxes de carne e óso):

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/09/faleceu-maurice-sendak#comentarios
sesión de papiroflexia http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/07/sesion-papiroflexia 2012-05-07T14:01:48+00:00 Este venres tivemos unha sesión moi interesante de papiroflexia.

Aproveitando que o día 5 era o Kodomo no hi (Día do Neno) en Xapón, coñecemos un pouco as tradicións do país nipón.

Para celebrar ese día, elabóranse unha especie de canas das que pendura un peixe-carpa (koinobori) por cada membro da familia. Tamén se elaboran distintos modelos de cascos de guerreiros samurais.

Ademáis aprendemos os números do 1 ó 10, non só a dicilos, senon tamén a escribilos. e para que o blog nos sirva de recordatorio, incluimos aquí un gráfico de resume:

Tamén practicamos a escribir papiroflexia en xaponés (origami):

Ó longo da semana veremos fotos da sesión no apartado  de Fotos da biblioteca.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/07/sesion-papiroflexia#comentarios
actividades de abril na televisión http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/03/actividades-abril-na-television 2012-05-03T12:23:59+00:00 As actividades que se fixeron polo Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro foron referidas en TelevinteChantada.

Pódense ver fotos das actividades na sección de Fotos da biblioteca neste mesmo blog. Se tedes fotos e queredes subilas, podedes facérnoas chegar por correo ou traelas nunha memoria externa para que as subamos ó blog.

23/03/2012:

19/04/2012:

En maio continuamos co noso programa de actividades:

  • os obradoiros de papiroflexia os venres ás 6 da tarde
  • o día 9 remata o prazo do Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas
  • o último venres de mes, o 25 de maio, teremos contacontos seguido de obradoiro ás 5 da tarde
  • máis actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que iremos dando a coñecer aquí e na prensa.
]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/05/03/actividades-abril-na-television#comentarios
contacontos de abril http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/25/contacontos-abril 2012-04-25T17:35:45+00:00

Este venres é o último do mes, e toca sesión de contacontos. Nesta sesión coñeceremos máis de preto as figuras do danés Hans Christian Andersen e dos irmáns alemáns Ludwig e Wilhelm Grimm. Os autores máis coñecidos de contos infantís coma O parruliño feo, O reiseñor, O soldadiño de chumbo, A Raíña das Neves, A vendedora de mistos, A Sereíña, A princesa e o chícharo, etc. de Andersen, ou Brancaneves, Cincenta, A casiña de Chocolate (ou Hansel e Gretel), Xan sen medo, A Bela Adormecida, O gato con botas, O lobo e os sete cabritiños, etc. dos irmáns Grimm.

Test

  1. Coñecías estes autores? __________[Pulsa aquí para contestar]
  2. Cantos deses contos coñecías? _____[Pulsa aquí para contestar]
  3. De cantos sabías quen era o autor? __[Pulsa aquí para contestar]

Podes atopar coma sempre os contos da sesión na biblioteca.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/25/contacontos-abril#comentarios
día do libro e dos dereitos de autor 2012 http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/23/dia-do-libro-e-dos-dereitos-autor-2012 2012-04-23T17:24:51+00:00

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A escolla desta data pola UNESCO, débese a que o día 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, ademais de conmemorarse os aniversarios do nacemento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice Druon, H. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

A mensaxe para a celebración deste día pódese ler na páxina da UNESCO adicada ó Día do Libro.

É o día ideal para celebrar o Día Internacional do Libro por parte de editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais, etc. que teñen relación cos libros promovendo actividades ó redor do mesmo.

Actividades organizadas por esta biblioteca para celebrar esta data:

1.- unha nova liberación de libros polas vilas de Escairón e Currelos durante toda a semana, ademais de renovar os libros dispoñibles no Punto Oficial de Bookcrossing da biblioteca, inaugurado o pasado 2 de abril celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

[Pulsando na foto podes ver todos os libros que levamos liberados e onde se liberaron]

2.- proxección do vídeo de Don Quixote a partir das 6 da tarde na sala infantil.

3.- exposición das diferentes versións do Quixote dispoñibles na biblioteca (durante toda a semana).

4.- asesoramento para rexistrar os libros na web de bookcrossing a todas as persoas interesadas en liberar libros para unirse a esta celebración. Facilitaránselles tamén pegatinas para identificar os libros liberados (manterase como mínimo ata o verán).

5.- obradoiro de origami, coma tódolos venres desde hai 2 semanas.

Curiosidades da vida, ou mensaxes do universo, estes días saíronme ó paso varios azucariños con temática relativa a esta data:

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/23/dia-do-libro-e-dos-dereitos-autor-2012#comentarios
achegándonos ó día do libro http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/19/achegandonos-o-dia-do-libro 2012-04-19T13:46:49+00:00 Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23.

Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días:
  • venres 20 obradoiro de papiroflexia, con Loli. Os obradoiros de papiroflexia comezaron o venres pasado e terán lugar tódolos venres ás 6 da tarde ata o verán. Aviso: Non se celebrarán o último venres de mes, porque que haberá contacontos.
  • luns 23, Día do do Libro: proxección da película de debuxos animados do Quixote durante toda a tarde, e durante toda a semana do 23 ó 27 continuará o bookcrossing que se iniciou polo Día do Libro Infantil (o 2 de abril) polas vilas de Escairón e Currelos (liberaranse libros en distintos lugares públicos de Escairón e Currelos, como prazas, debesas, parques infantís, parques biosaudables,...) e ademais cambiaranse os libros do Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca de Escairón. Tódalas persoas interesadas en facer bookcrossing e liberar os seus propios libros poden dirixirse á biblioteca de Escairón e pedir pegatinas para etiquetar os seus libros e axuda para rexistralos na web de bookcrossing. Onde ademais poden consultar todos os libros liberados pola biblioteca
  • venres 27 contacontos seguido de obradoiro coma tódolos venres de contacontos, será ás 5 da tarde.
En maio celebrarase o Día das Letras Galegas (17 de maio) con varias actividades, a 1ª delas está xa en marcha: o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 sobre o tema "É mentira", que convoca anualmente a Biblioteca Nodal de Lugo para tódalas bibliotecas da provincia, e do que o prazo remata o vindeiro 9 de maio. Poderán presentarse os traballos en calquera das bibliotecas municipais, e as bases poden consultarse no post anterior.

De momento, imos facendo boca cun vídeo sobre a lectura:

Despois, podedes empezar o venres 20 a buscar libros por Sober, e continuar durante toda a semana seguinte no Saviñao.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/19/achegandonos-o-dia-do-libro#comentarios
certame letras galegas 2012 http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/17/certame-letras-galegas-2012 2012-04-17T12:25:37+00:00 Acaban de comunicarme que o tema será A SUPERSTICIÓN. A continuación mantéñense as bases coa corrección:


Xa saíu a convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, que desde hai máis de 20 anos festexa o Día das Letras Galegas.

Os traballos poderán ser entregados tanto na biblioteca de Escairón coma na de Currelos.

Bases:

- Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2011 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar tódolos nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

  • A superstición.

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

  • A superstición.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.

]]>
http://bpmsavinao.espacioblog.com/post/2012/04/17/certame-letras-galegas-2012#comentarios