Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

18 Octubre 2007

OBRAS DE MELLORA NA BIBLIOTECA ! ! !

A tan demandada calefacción parece que nos acompañará este inverno.
Esta semana e ó mellor parte da vindeira estaremos con obras, que obrigarán a que nalgún momento puntual algún dos servizos que ofrece a biblioteca teña que ser suspendido (pola incomodidade do ruído e/ou do pó), pero recalcando que iso será de xeito absolutamente puntual.
Aquí podedes ver o 'durante', xa veremos o 'antes' e o 'despois':

Lembrade que podedes consultar o catálogo da biblioteca e desde aí mesmo facer a reserva do libro que vos interese, por exemplo o libro de Xulio Verne Da Terra á Lúa premendo en '[Reservar exemplar]' ábrese o formulario de reserva (para solicitar a reserva, hai que identificarse co número de socio e co número do DNI).
Máis información, coma sempre na biblioteca.
Non esquezades consultar as novidades e as novas tamén na wiki, non só o catálogo de novidades.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera