Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

29 Octubre 2007

Cousas 'de nenos' para adultos

Soarache o anuncio dun rapaz que lle ofrece unha chocolatina a unha moza, a cal lle pregunta se iso non é cousa de nenos (aquí hai un xogo de palabras que seguramente en alemán 'dá máis xogo'; explícome: KIND en alemán significa 'neno/a', e o plural acaba en ER, realmente non quero facer publicidade, pero... pasa o mesmo ca cunha marca de tabaco que hai anos se quixo traer a España na que o anuncio presentaba un pano de terciopelo, en relación co nome da marca en inglés, o que fixo que aquí non se entendera e acabara sendo retirado).

Pasa algo semellante coas reedicións da famosísima 'Enciclopedia Álvarez' usada nas escolas españolas da posguerra, das que aínda andan rulando por algunhas casas de avós: foi reeditada, pero non para o público usuario das versións primitivas, enténdase nenos, senon para adultos (segundo como se mire o público destinatario pode ser o mesmo que estudaba neses libros).

Cousas de nenos (na súa época, na súa idea orixinaria, no seu concepto...) que se refán (=comercializan) para un público máis ben adulto.

A que se debe ese éxito que teñen esas cousas? Non me vou meter en camisas de once varas para analizalo, pero si que o vou usar de base para presentarvos uns libros, uns libros curiosos cando menos.
Moita xente asocia a idea de que os libros con partes movibles e tridimensionais son só para nenos, para representar contos, etc.
Un primeiro exemplo para desmontar esa crenza tan estendida:

Un segundo exemplo é o libro do deseñador Neiman Marcus:

Mostrouno Catuxa no blog da biblioteca de Castrillón. Gustaríache telo nas mans coma a min, pero moito me temo que é un privilexio de poucos petos.

Aviso para navegantes: na biblioteca non temos ningún destes 2 libros, pero si que temos libros tridimensionais e troquelados para os máis pequerrechos da casa, como por exemplo:
-libros con partes movibles
-libros-xogo
-libros-quebracabezas
-libros troquelados, máis libros troquelados
-máis libros para xogar aprendendo
Lémbrovos que para saber qué máis cousas hai na biblioteca, podedes consultar o seu catálogo on-line.

servido por bpmsavinao 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Catuxa

Catuxa dijo

Non coñecía o primeiro exemplo, e soa ben ;), tedes máis datos??

Aproveito para felicitarvos polo voso /teu traballo de dinamización da biblioteca. Sodes un exemplo para moitos.

29 Octubre 2007 | 06:22 PM

bpmsavinao

bpmsavinao dijo

Graciñas polos ánimos.
Buscando en "San Gugel" o título do libro só atopei fotos da portada (imaxino que ti e outros interesados fixestes a mesma ruta ca min), pero ningunha do interior; só un enlace a amazon.com no que hai un vídeo que penso que é outro libro (un libro "caseiro" creo) , polo que non puiden engadir máis imaxes aínda que foran cunha banda negra de censura para deixar o blog apto para tódalas idades.
Xa sabes que libros deste tipo hai para tódalas idades, aínda que algúns son tan delicados ou complexos (ou polo menos o parece) como para ser aptos para nenos pequenos, por exemplo este libro con animais da selva [http://www.timeout.com/img/popUp/imageViewer.php?id=2946&image=27...]

6 Noviembre 2007 | 01:40 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera