Un premio 'María Moliner' para a nosa biblioteca
Como sabedes, habitantes do concello, durante varios días non funcionou a conexión ADSL en todo o concello, polo que a comunicación oficial da concesión dun dos 350 premios deste ano nos chegou uns días máis tarde. Pero paso a informarvos agora mesmo:
Coincidindo coa celebración do 'Día das Bibliotecas' o día 24 de outubro foron fallados en Madrid os premios 'María Moliner' de animación á lectura, na súa décima edición. Estes premios que recoñecen os mellores proxectos de animación á lectura desenvolvidos polas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes de toda España, e este ano recaeron nas bibliotecas de: biblioteca de Villena (Alicante), na categoría de animación á lectura; á localidade asturiana de Pravia, na categoría de labor bibliotecaria, e finalmente ao concello de Sartaguda (Navarra) na modalidade de integración social. Tiveron mención especial dúas bibliotecas galegas: na modalidade de labor bibliotecaria, o proxecto presentado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, e na categoría de animación á lectura o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros (A Coruña).
Como xa vos dixen, esta biblioteca recibiu un dos 350 premios que entregan cada ano o Ministerio de Cultura en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación Coca-Cola España.
A lista oficial de bibliotecas premiadas aínda non se publicou, pero espero que en breve se poida atopar a deste ano aquí.