Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

13 Diciembre 2007

Actividades para o Nadal

Como tódolos anos, a biblioteca invita ós seus usuarios máis novos a participar nas actividades que tén programadas para estas datas.
Tal como vén sendo habitual, está convocado o Certame de Poesía Infantil de Nadal 2007, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo (no que levamos participando moitos anos) e no que se establecen 3 categorías de participación: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Deberanse presentar os poemas sobre o tema do Nadal na Biblioteca cunha folla cos datos persoais e de contacto, antes do día 20 de decembro.

Ademais, celebraránse os tradicionais obradoiros de elaboración do Belén (o luns 17) e de adornos de Nadal (o mércores 19) de 6 a 7.30 da tarde.

Hai tamén a disposición dos usuarios láminas para colorear na sala infantil da Biblioteca.

Poderase desfrutar dunha exposición dos libros da biblioteca que teñen como tema o Nadal (tanto en galego coma en castelán).

BON NADAL A TOD@S

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera