Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

5 Marzo 2008

Reanúdase a actividade no blog

Despois do longo parón na actividade do blog, reanúdase a súa actividade para informar da vida da biblioteca. Este parón debéuse a diversas causas, en primeiro lugar, a inundación que sufriu a biblioteca no baixo, e que obrigou a pechar as instalacións varios días, e en segundo lugar, a obras que se desenvolveron nas instalacións ubicadas no baixo e que non repercutiron no servizo directo ós usuarios.

Hai máis novidades:

  • Xa está operativa a calefacción (desde finais de decembro).
  • Comezan os cursos de informática e manexo de teléfonos mobiles (consultar os horarios máis abaixo).
  • Hai novas obras ingresadas.
  • Xa nos foi entregado o premio María Moliner, cuxos fondos estarán próximamente a disposición dos usuarios.

O calendario de actividades previstas para os vindeiros días xa tén algunhas datas confirmadas:

  • día 18 de marzo para festexar o Día da Poesía (21 de marzo, Venres Santo) recital de Alicia Fernández, seguido dun obradoiro para os máis pequenos, ás 18.00 h na biblioteca.
  • día 2 de abril con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, visita de Marisa Irimia que nos presenta o seu teatro de papel ós poucos días do Día do Teatro (27 de marzo)
  • día 23 de abril, Día do Libro, estará Mario Tomás presentándonos contos chegados doutro lugar

HORARIOS DOS CURSOS

Informática:

1.- do 5 ó 18 de marzo:
-Grupo 1: de 18.00 a 19.30
-Grupo 2: de 20.00 a 21.30

2.- do 7 ó 18 de abril:
-Grupo 3: de 18.00 a 19.30
-Grupo 4: de 20.00 a 21.30

Manexo do teléfono mobil:

1.- do 24 ó 31 de marzo (excepto o día 25):
-Grupo A: de 18.00 a 19.30

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera