Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

25 Marzo 2008

Continuamos formando

Onte deu comezo o obradoiro de manexo de teléfonos móbiles (obradoiro que descansa hoxe), e ó que invitamos a participar a calquera persoa que teña problemas para manexar o seu terminal. É recomendable acodir co manual de instruccións, pero se non se dispón del non pasa nada.
Enlázovos aquí a nova de prensa do recital de poesía na Voz de Galicia.
Ademais, debido ó interese que suscitou no obradoiro de iniciación á informática o uso de internet, celebraránse tamén varios obradoiros para introducir ás persoas interesadas no seu manexo. Quen teña interese, pódese anotar na Biblioteca. Lembramos o horario: de luns a venres de 10.00-14.00 e de 16.30 a 20.00.

servido por bpmsavinao 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

bpmsavinao

bpmsavinao dijo

Quero agradecer a todas as persoas que felicitaron as actividades que se desenvolven, e animar a todos a facer comentarios no blog, e tamén a comentar os libros que len no catálogo da biblioteca (explicarei encantada como se fai).
Tamén animar a quen non participou nas actividades a que o faga.

25 Marzo 2008 | 01:39 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera