Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

31 Marzo 2008

Abril, mércores dos Libros

Actividades confirmadas para o mes de abril:

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil a Biblioteca invita ós alumnos de Educación Infantil e 1º de Primaria, á actuación de Marisa Irimia que presentará o seu Teatro de Papel.
Será o mércores 2 de abril ás 11:00 h.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro a Biblioteca invita ós alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria, á actuación de Mario Tomás que presentará os seus Contos chegados Doutro Lugar.
Será o mércores 23 de abril aproximadamente ás 11:30 h.

Ademais das actividades na biblioteca, en función da meteoroloxía, quérense facer lecturas ó aire libre en distintos lugares céntricos da vila de Escairón. Están previstas as seguintes actividades:

02 de abril - Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (visita de Marisa Irimia)
09 de abril - Lemos na fonte (praza Maior)
16 de abril - Lemos no patio (patio da Casa da Cultura, entre a Biblioteca e o Auditorio)
23 de abril - Día Internacional do Libro (visita de Mario Tomás)
30 de abril - Lemos na Debesa (detrás do Concello)

As actividades ó aire libre terán lugar ó redor das 6 da tarde. E se o tempo non acompaña, trasladaranse a cuberto:
-da fonte ó recibidor da Biblioteca
-do patio a debaixo da balconada da Biblioteca ou ó recibidor
-da Debesa ó baixo dos Xulgados ou ó Fogar do Pensionista

Está claro que se pode ler en calquera sitio, como demostra este vídeo "Enséñanos lo que lees":

Visto aquí.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera