visita de Marisa Irimia
Aquí queda un pequeno recordo gráfico da visita de Marisa Irimia, que nos deixou con ganas de máis.
Comezou contándonos unha historia que alguén situaba no país de NORUESTE: era a historia norueguesa de Hans e a princesa que non ría.
Despois viaxamos ata África para averiguar por que hai tantas pedras nos ríos, da man de Dassou, un neno do Chad.
Tamén navegamos por unha mar embravecida nun barco de papel máxico que tiña un capitán moi dormiñón.
E por último despedimos a celebración, cuns bicos viaxeiros moi cariñosos cos que despedimos a Marisa, e unha boa ristra de foguetes explosivos, aplausivos e chasquivos.