Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

21 Abril 2008

Certame de Narración e Debuxo Infantil

Hoxe traemos outro certame, un que coma tódolos anos festexa o Día das Letras Galegas:

Letras Galegas 2008
- Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2008

(Fase Local), de acordó coas seguintes bases:

1.- Poden participar tódolos nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

• O mar.

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

• O mar.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos personáis.

3.- Establécense tres categorías:

• A, ata 8 anos,
• B, de 9 a 11 anos,
• C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, selecionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

servido por bpmsavinao 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

eu

eu dijo

podense entregar os dibuxos no colexio?

21 Abril 2008 | 07:17 PM

bpmsavinao

bpmsavinao dijo

Os traballos hai que entregalos na biblioteca.
En anos anteriores, no colexio propoñían ós alumnos facer os seus traballos e entregalos na clase. Despois eran os profesores quen se encargaban de facelos chegar á biblioteca.
Se non podes achegarte á biblioteca pídelle a alguén que o faga por ti.
Non esquezas engadir nunha folla aparte os teus datos:
-NOME e APELIDOS (para saber quen eres),
-IDADE, CURSO (para saber en que categoría participas),
-ENDEREZO E TELÉFONO DE CONTACTO (para avisarte se sae premiado o teu traballo).
No cole teñen unha copia das bases e podes pedir unha folla de inscrición.
Lembra que:
o texto debe ser en GALEGO,
o tema O MAR,
o prazo remata o 9 DE MAIO,
os traballos premiados na fase local participan na FASE PROVINCIAL

22 Abril 2008 | 12:15 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera