Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

23 Abril 2008

Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor

Hoxe festéxase o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor. ¿Por que?

O día 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Na mesma data do mes de abril conmemóranse os aniversarios do nacemiento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice Druon, H. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.

¿Habería unha data que cadrara mellor coa celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor? É difícil.

Máis datos interesantes sobre esta data:

Foi proclamada pola UNESCO no ano 1996.

Editoriais, librarías, bibliotecas, escolas, centros culturais, etc. promoven actividades ó redor do libro na sociedade de hoxe.

Por exemplo, as bibliotecas fan xornadas de portas abertas entre outras, os colexios fan murais, len o Manifesto da UNESCO e a declaración do director da UNESCO polo Día do Libro, visitan as bibliotecas do entorno, etc., as librarías fan descontos, ...

A biblioteca Municipal do Saviñao celebrará esta data tan especial, invitando ós alumnos de 1º e 2º da ESO do CPI de Escairón a visitar a biblioteca, que contará coa presencia de Mario Tomás, que nos presentará os seus Contos doutro Lugar.

Un día coma calquera outro para ler, pero quizais un pouco máis especial porque é festa para os amantes dos libros.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera