visita de Mario Tomás
Deixamos hoxe tamén un pequeno recordo gráfico do paso pola biblioteca de Mario Tomás, que nos levou de viaxe por diversos países e continentes.
Coñecemos contos de personaxes diversas: pobres que chegan a vivir entre príncipes e princesas grazas ó seu inxenio e á boa sorte ("chiripa" que lle chaman algúns); un pano misterioso que cambia de pano a saia, de saia a capa, de capa a marioneta ou de marioneta a cabalo antes de levarnos voando a África para vivir as aventuras de animais africanos varios: saltóns, xaguares e lebres, con leóns, rinocerontes, elefantes e rás polo medio.
Historias todas elas que nos fixeron sorrir moitas veces ó longo da narración e incluso rir a gargalladas.
Para obter as fotos, teñen xa instruccións as profesoras que asistiron á actividade.