Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

5 Mayo 2008

visita do Clube de Lectura da biblioteca de Sober

A pesar da mañá tan chuviosa, pola tarde, á parte do frío, fixo un día excelente para as actividades ó aire libre.

Comezamos a visita puntuais ás 4.30 no Pazo de Arxeriz, para ver o ecomuseo e o seu entorno.

Ás 6.20 en Escairón, desfrutamos á beira da Debesa con risas dalgunha lectura de todos coñecida (o famoso "-No es verdad, ángel de amor, que en esta apartada orilla...?"), vimos cómics clásicos e actuais, audiolibros, libros para practicar idiomas, libros "de campo" como guías de rutas a pé ou en bicicleta, guías de prantas, ... E levamos de recordo algún libro para practicar a lectura en calquera lugar.

Chegamos a Santo Estevo de Ribas de Miño ás 7.30, unha hora moi xeitosa para desfrutar das cores coas que o seu famoso rosetón ilumina o interior, e da vista panorámica que hai do encoro de Belesar desde a ruta de acceso á igrexa.

servido por bpmsavinao 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Mónica

Mónica dijo

A verdade é que tivemos un día magnífico. Quedei con ganas de repetir, pero con máis horas para a excursión. E vós?

19 Mayo 2008 | 01:17 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera