Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

14 Mayo 2008

Día das Letras Galegas 2008

Dende hai 46 anos o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas , a lista de homenaxeados inaugurouna Rosalía de Castro en 1963.

Este ano adícaselle a Xosé María Álvarez Blázquez.

Naceu en Tui (Pontevedra) o 4 de febreiro de 1915, e faleceu en Vigo en marzo de 1985.

Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez pertencía a unha familia de escritores (é fillo de Darío Álvarez Giménez e afillado de Xerardo Álvarez Limeses, publicou algún libro en colaboración co seu irmán Emilio, e varios dos seus fillos manteñen esa afección artística), militou na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista.

Xa ós 15 anos empezara a escribir e publicar artigos en xornais de Pontevedra e Tui. Estudou maxisterio e foi mestre en Galicia e Zamora, e profesor de instituto en Vigo.

Fundou a revista Cristal en Pontevedra. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey en 1950, e en 1964 Edicións Castrelos, coa finalidade de publicar libros en galego (tanto de autores galegos como extranxeiros traducidos ó galego) nunha época na que apenas existían libros editados na nosa lingua.

Ingresou na Real Academia Galega en 1962.

Fundou a Editorial Castrelos en 1964.

Como escritor, pódese dicir que escribiu en case tódolos xéneros literarios: ensaio, teatro, novela, relato curto, poesía, artigos periodísticos. Maiormente escribiu en galego, aínda que tamén tén algunha obra en castelán (En el pueblo hay caras nuevas (1945)).

Da súa obra en galego destacan: Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil; xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) (a semellanza dos cancioneiros medievais), Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76; como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).

A RAG, basea a súa decisión de homenaxear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como defensor da lingua e cultura galegas.

Coma sempre, podedes consultar as obras deste autor dispoñibles na biblioteca.Tamén as obras do seu irmán. Podes ver as súas obras e visitar a exposición sobre o autor que está colocada desde esta semana na biblioteca.

A relación de gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2008 publicarase a partir do día 16.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera