relación de obradoiros
Continuando coa programación de formación de adultos en novas tecnoloxías, está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de novas tecnoloxías que se impartirán na biblioteca en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información a partir deste mes de setembro.
Os obradoiros son os seguintes:
- Manexo do rato e do teclado
- Procura de información en Internet
- Alfabetización Dixital: Iniciación a Informática e Internet
- Iniciación a Informática
- Iniciación a Internet
- Suite Ofimática: OpenOffice
- Mecanografía
- Procesador de textos: Writer
- Blog, participa en Internet
- Cociña en Internet
- Saúde en Internet
- Solicitude de Cita Médica en Internet
- Elaboración CV
- Procura de emprego
- Telefonía por internet
- Videoconferencia
- Creación dunha Conta de Correo Electrónico
- Introducción á fotografía dixital
- Edición de imaxes: GIMP
- Ed. de imaxes I
- Ed. de imaxes II
- Manexo da cámara dixital
- Manexo do teléfono móbil
- SIXPAC: Sistema de Información Xeográfica
- Alfabetización para adultos con medios dixitais
Cada persoa pode anotarse en cantos obradoiros sexan do seu interese.
Só se celebrarán os obradoiros que conten co número necesario de participantes, polo que non se garante que se impartan todos.
A duración varía segundo a temática, de1 a 10 días, cunha duración de 1 hora e media por día.
As datas iranse concretando conforme se vaian pechando grupos. Faranse varios grupos para os obradoiros con maior demanda.