Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

8 Octubre 2008

conexión wi-fi

A diferencia do que adoito facer neste blog, informando de actividades, novidades, recomendacións de lecturas, etc, hoxe cambio radicalmente o tema e o estilo (escribindo incluso en 1ª persoa) para clarificar unha cousa: a deficiente operatividade dos ordenadores de Internet Rural.

Levamos máis dun mes en que navegar cos equipos de Internet Rural se convertiu nunha tarefa totalmente desesperante, estresante, e moitos -ante máis.

Os ordenadores non estaban dispoñibles para os usuarios "porque si". Hai unha razón de peso: a conectividade ralentizouse de tal xeito que as actualizacións dos equipos (que se fan remotamente), quedaron parcialmente bloqueadas e parte dos terminais desprotexidos. Esta desprotección amenazaba non só á seguridade dos equipos senon tamén á das unidades de memoria dos usuarios (pen-drive, disquetes, correos electrónicos, ...)

Tras moitos días de traballo no Centro de Atención ó Usuario e no Centro de Operacións e Mantemento de red.es, e horas e horas de probas, tanto por parte dos técnicos coma pola miña, creo que debo comentar o que se estivo e se está facendo.

Despois de facer moitas medicións e revisións da liña ata comprobar que ésta está en bo estado, os técnicos concluíron que o fallo se produce a partir da entrada do sinal no telecentro. Como parte das comprobacións que están a facer, provisionalmente cancelaron a posibilidade de conexións itinerantes á wi-fi de Internet Rural, por se fora por exceso de conexións que se perdeu a navegabilidade nos terminais fixos da biblioteca (o que parece probable).

Continúa dispoñible a wi-fi interior da Rede de Bibliotecas de Galicia, que presenta caídas de conectividade de vez en cando.

É posible que as dificultades de ámbalas dúas redes se deban ó mesmo motivo.

Tan pronto se solventen estas incidencias, informarei das conclusións ás que se chegue e das posibles consecuencias que se produzan.

Ademais un dos terminais de Internet nas Bibliotecas está no taller, e esperamos que en breve estea de volta.

Quero pedir un pouquiño máis de paciencia e comprensión, porque tivemos que dar moitas voltas ata chegar a detectar o posible desencadeante desta circunstancia, e estamos a traballar duro para solucionalo coa maior prontitude (aínda que pareza incrible ó levar case un mes sen poder utilizar os ordenadores de Internet Rural). Asimesmo quero agradecer encarecidamente a paciencia e a comprensión mostrada por parte dos usuarios durante todo este tempo.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera