Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

25 Noviembre 2008

1, 2, 3 ... estamos rodando

O día 25 de novembro, a TVG rodou na biblioteca de Escairón a emisión do Programa Preescolar na Casa. Despois dos choros e nervios iniciais, a actividade transcorreu con total normalidade pois axiña se acostumaron peques e grandes á cámara. Aquí queda unha pequena mostra fotográfica, na que se ven os preparativos, explicación das actividades, charlas, xogos e xogos e moitos máis xogos, pois diso é do que se trata, de xogar para descubrir o mundo, de aprender xogando: Emisión: na TVG Data: 10 de xaneiro de 2009 Hora: 8.30h.

O programa poderase ver en internet na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Pódese tamén consultar a programación (dentro do apartado de programas de "divulgación"), ou ver o listado de emisións de Preescolar na Casa.

Para obter as fotos, falar con Pilar, a mestra do programa, que xa informará máis concretamente ós pais e nais.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera