consultas web ó catálogo da biblioteca
Revisando os datos estadísticos do portal da biblioteca, resalta o notable incremento de uso do mesmo. O número de visitas recibidas polo portal, que ata novembro estaba por debaixo das 10.000 visitas mensuais, supera as 20.000 visitas en novembro e acada case 20.000 visitas nas últimas 3 semanas (case 15.000 no que vai de mes).
Aumentan as visitas non só doutras bibliotecas para a catalogación compartida, senon tamén de usuarios que queren estar ao día das novidades ou consultar se hai tal libro na biblioteca independentemente da hora na que se queira facer a consulta, posto que se trata dun portal accesible a calquera hora e calquera día da semana.
O uso que facemos do catálogo nas bibliotecas non se limita só á consulta dos fondos da biblioteca, senon que tamén podemos consultar os fondos doutras bibliotecas da rede (accedendo ó enlace "Bibliotecas" situado na parte superior da páxina e no que podemos escoller unha ou varias bibliotecas para consultar ó mesmo tempo).
Ademais na páxina da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, hai máis información ca só libros: No apartado "A túa biblioteca" hai varias seccións nas que podemos obter información xeral, información máis concreta da biblioteca e do tempo na comarca, sobre os seus fondos, as novidades,...
Estadística de consultas ó catálogo web da biblioteca:
| Estatísticas e consultas efectuadas |
|
| Biblioteca | O Saviñao - B.P.M. de O Saviñao |
| Nº visitas | 90.996 |
| Estatísticas e consultas efectuadas |
|
| Biblioteca | O Saviñao - B.P.M. de O Saviñao |
| Nº visitas | 108.880 |
Ó longo do ano 2009 traballarase para aumentar o número de servizos e xestións que se poden realizar a través de internet coa biblioteca (reserva de libros, alta de socios, buzón de suxerencias, comentarios, etc.). Ademais celebraranse obradoiros e xornadas para promocionar e incrementar o uso dos recursos web da Rede de Bibliotecas de Galicia, accesibles a través da biblioteca: enciclopedias on-line, consulta de hemerotecas dixitais, revistas científicas,... con acceso gratuito para socios da biblioteca, e de interese non só para estudiantes.