a estrela máis brillante do Nadal
Unha das incorporacións ó fondo da biblioteca neste Nadal é o libro La estrella más brillante : un cuento de Navidad, onde unha estrela resplandecente o ilumina todo. Os animais senten curiosidade, así que a seguen.
Vena agrandarse pouco a pouco á medida que se acercan ó seu destino, onde atopan a estrela máis brillante do Nadal, que coa súa luz ilumina e da calor a un meniño nu envolvido na súa mantiña.
O libro, que está escrito con rimas sinxelas e rítmicas (de fácil lectura para lectores principiantes, e de fácil comprensión para aqueles que aínda non len sós) remata cunha fermosa sorpresa tanto para os animais que seguen á estrela coma para os lectores. Podedes ver parte da historia que se conta no libro neste breve vídeo:
Atoparedes sempre as últimas incorporacións da biblioteca neste enlace.