Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

14 Enero 2009

somos referente para outras bibliotecas

Non somos esta biblioteca, a de Conan the librarian (Conan o bibliotecario):

A biblioteca do Saviñao está sendo tomada como referente por outras bibliotecas galegas, e algunha tamén de fóra da comunidade autónoma, en canto ás actividades que realiza, moitas das cales se fan cun mínimo presuposto.
As súas actividades formativas tamén suscitan interese noutras bibliotecas, recibindo consultas sobre a organización desas actividades, sobre todo das relacionadas coa formación en novas tecnoloxías.
O seu programa de actividades, que vai desde a animación infantil ata a formación de adultos, leva dous anos recibindo mención nos premios María Moliner de animación á lectura. É unha satisfacción moi grande poder ofrecerlles ós usuarios uns servizos mellorados grazas á súa colaboración en tódalas actividades que se organizan, pero tamén á colaboración con outras entidades que colaboran connosco para poder facer estas actividades.
A colaboración esténdese tamén a outras bibliotecas coas que facemos actividades en común ou intercambiamos guías de actividades e obradoiros, pero tamén apoio técnico e moral entre compañeiros.
Moitas veces este traballo non o ven os usuarios, pero repercute na mellora constante dos servizos que lles ofrecemos. Ás veces tamén nós, bibliotecarios, nos pelexamos coa técnica que se pón en contra e nos dificulta atendelos como merecen (os nosos ordenadores tamén se "colgan", internet necesita que lle deamos "pedal" porque non anda, ...). Somos humanos, e por se algún día nos pillan de "baixón" ou de "garras", pedirlles paciencia e comprensión. Eu polo menos, intento afastarme millas do primeiro modelo de bibliotecarios e aproximarme o máis posible ó segundo.

servido por bpmsavinao 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera