Publicidad:
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

17 Agosto 2009

somos referente para outras bibliotecas (2)

A biblioteca agradece a quen a pon como exemplo de bibliotecas que fan cousas con poucos recursos e boa vontade, de quen consegue darlle visibilidade a unha biblioteca fóra do lugar onde se atopa aproveitando as posibilidades que brinda internet tamén para un lugar que conta cunha poboación de apenas 5.000 habitantes.

E como é de ben nacidos ser ben agradecidos, aquí queda o agradecemento a Catuxa Seoane (creadora do blog deakialli entre outros varios), á que teño atopado nalgunha conferencia sobre novas tecnoloxías e bibliotecas, falando deste blog e sacándome a vea tímida ó dicir en voz alta que quen o facía estaba na sala. Este blog tén moito que lle agradecer, pois sen ela non existiría. Ela menciónanos nas páxinas 28 e 33 dunha conferencia que presentou ó IX Coloquio Internacional de Tecnologias Aplicadas a los Servicios de Información, celebrado en outubro do 2008 en Venezuela. Que se di pronto, pero alén dos mares falouse desta biblioteca, e falouse ben.

Agradecer tamén ós seguintes blogs: bibliotecas municipais, biblioteca de Corcubión que nos enlazan.

Se atopades máis referencias noutras páxinas á biblioteca, compartídeas nos comentarios.

servido por bpmsavinao 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Catuxa

Catuxa dijo

Para min é un pracer poder dicir por ahi adiante, coa boca ben grande: na miña terra temos algúns dos mellores exemplos de bibliotecas, sen recursos e con pouco diñeiro e persoal, de que querendo se pode e que isto da biblioteca 2.0 é posibel tan só coa boa vontade de quenes estan ao pé do cañón traballando día a día.

A miña admiración para a Biblioteca do Saviñao e para a súa responsable!

17 Agosto 2009 | 01:48 PM

bpmsavinao

bpmsavinao dijo

É para min unha honra o recoñecemento que me fas, porque está feito por unha profesional do teu calibre no campo das bibliotecas 2.0. Podes seguir sacándome coloretes nas túas charlas e conferencias mentras non me pidas que suba ó estrado a saudar.
Espero poder verte pronto nalgunha xornada, congreso ou similar, sempre disposta a aprender de ti.

18 Agosto 2009 | 10:24 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »
Bloguzz
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares:
1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 10000 volumes en acceso directo e Administración.
3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres):
>Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
>Verán: 8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)
CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera