Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

13 Octubre 2009

outono na biblioteca

A exposición estacional de fondos, ubicada na entrada, dá a benvida e sorprende ós usuarios que desde hoxe acoden á biblioteca. Está composta por libros, pero tamén por froitos e plantas.

É unha exposición viva / morta que irá cambiando diariamente: as follas e froitos irán madurando e murchando co paso dos días, e as plantas sorprenderán coa súa evolución, pois irán medrando, soltando a folla (árbores) ou morrendo (plantas silvestres) segundo o seu ciclo vital.

Os libros que forman parte da exposición tratan principalmente sobre setas (como recoñecelas, como cociñalas) ou teñen temática sobre a estación, son libros para todos os públicos. Por certo, son libros que se poden levar para a casa.

servido por BPM 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

r.

r. dijo

os erizos pican e a flor e de verdade

14 Octubre 2009 | 01:03 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera