Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

21 Octubre 2009

Día das Bibliotecas 2009

Para celebrar o Día das Bibliotecas, o día 24 de Outubro, a biblioteca municipal presenta dúas actividades:

-xoves 22: obradoiro de manexo do catálogo web, e iniciación ó uso dos recursos web accesibles en liña só por ser socio dunha biblioteca galega. Será na Sala de Informática a partir das 5 da tarde cos grupos que se vaian formando.

-venres 23: sesión de kamishibai coa obra "Hans e a princesa", e miniobradoiro de creación de kamishibai ó rematar o conto. Será na Sala Infantil a partir das 6 da tarde.

Ademais:

-mantéñense as exposicións de novidades e a do outono.

-a cada socio que realice algunha reserva de libros a través do portal web entre os días 22 de outubro e 4 de novembro, regalaráselle un libro a escoller entre os títulos que a biblioteca tén por duplicado.

Ver pregón do Día da Biblioteca.

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera