Certame de Poesía Infantil 2009
Por problemas técnicos este post non puido ser publicado co tempo suficiente, polo que o prazo para a entrega de traballos do Certame de Poesía Infantil se amplía do 18 ó 29 de decembro.
Ademais terá lugar un obradoiro de postais e adornos de nadal o venres 18 de decembro ás 17.00 na biblioteca.
Certame de Poesía Infantil "Nadal 2009"
- Convocatoria Local -
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2009" (Fase local), de acordo coas seguintes
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL".
2.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 29 de decembro de 2009, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do 14 de xaneiro do 2010.
A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.