Premios 2009
Finalizamos o ano dando a coñecer os premiados das seguintes campañas:
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar o 24 de outubro o Día das Bibliotecas, a cada socio que realizara algunha reserva de libros a través do portal web entre os días 22 de outubro e 4 de novembro, regalábaselle un libro a escoller de entre os títulos que a biblioteca ten por duplicado. Recibirán tamén 1 libro os que fixeron reservas durante todo o mes de outubro e o de novembro.
A relación dos socios agraciados é a seguinte:
- Beatriz Carballo Vázquez,
- Meire Hellen De Souza Pereira,
- Mónica Gamallo Torres,
- Mª José Otero Ferreiro,
- Raquel Rodríguez Martínez,
- María Begoña González Fernández,
- Nuria Pérez Camba,
- Miguel Vázquez Carrero.
CERTAME DE POESÍA INFANTIL DE NADAL 2009
Os traballos premiados na fase local do Certame son os de:
- Abril Galiana na categoría C (de 12 a 16 anos)
- Iván Rodríguez na categoría B (de 9 a 11 anos)
A data de entrega de premios será o venres día 15 de xaneiro ás 18.00 h. na biblioteca.
En vindeiros días, cando se solucionen os problemas técnicos, publicaremos copia dos traballos poéticos premiados.
Feliz 2010