Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

29 Enero 2010

2010, Ano do Libro e da Lectura (2)

http://www.lacoctelera.com/myfiles/bpmsavinao/bibsav.JPG?Expires=1331593200&Signature=UMNGe1fU7epzhd4zKHzxKRQqG1WIq8lA5KgBqybyOQv3DtMSIES0BxT2sFRJV2DdVzfMQ55byWY9Ms6JBPi8dZi~E~ReV7u0wSxZ4tqhbyVDRSRyokdz~pipAcmqp-pvaO7mn~w~kCU-dY0oZV5zx7RmV-eIeeMXR6We2HUW-nE_&Key-Pair-Id=APKAJYN3LZI5CG46B7AA&Policy=eyJTdGF0ZW1lbnQiOlt7IlJlc291cmNlIjoiaHR0cDovL2QzZHM0b3k3ZzF3cnFxLmNsb3VkZnJvbnQubmV0L2JwbXNhdmluYW8vbXlmaWxlcy9iaWJzYXYuSlBHIiwiQ29uZGl0aW9uIjp7IkRhdGVMZXNzVGhhbiI6eyJBV1M6RXBvY2hUaW1lIjoxMzMxNTkzMjAwfX19XX0_

Máis concursos e premios para os usuarios da biblioteca, sobre todo se son usuarios do seu catálogo en liña, pois ademais de estar informados das últimas incorporacións da biblioteca, poderán recibir un dos

Premios ós mellores comentarios do catálogo

Cada mes premiaranse os dous mellores comentarios (un de infantil e outro de adultos) feitos pol@s soci@s da biblioteca sobre os libros do catálogo da mesma. Ó final do ano, premiaranse os tres mellores comentarios do ano, independentemente da categoría á que pertenzan.

Valorarase que axuden a outras persoas a decidirse ou non por ese libro. Para poder entregar os premios, é importante non facer os comentarios anónimos (o ideal é identificarse co nome ou as iniciais e o número de soci@ e indicar a idade).

BASES XERAIS:

  • A finalidade deste concurso é facilitar a outras persoas interesadas por un libro a decisión de se lles interesa ou non lelo, se hai libros relacionados con este que lles poidan interesar, se se parece demasiado a outro que xa leron, etc.
  • Estableceranse dúas categorías: unha infantil (ata 14 anos) e outra de adultos (a partir dos 15 anos).
  • Os comentarios valoraraos a bibliotecaria ou persoa en quen delegue, e as súas decisións serán inapelables.
  • Os comentarios seleccionados serán publicados no blog e/ou na wiki da biblioteca amais da páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (á que pertence a biblioteca).
  • Terase en a adecuación do comentario ó libro comentado. Non será válido por exemplo un comentario deixado nun libro cando se refire a outro. Valoraranse as referencias a outros libros da mesma temática facendo comparacións útiles e prácticas entre eles, por exemplo adecuación do relato de ambientación histórica coa historia en Bajo el sol de Kenia; comparación en canto á temática entre o Diario de Ana Frank e El niño con el pijama de rayas de John Boyne; comparación de El señor de las moscas ou Trece badaladas coas respectivas películas,... [NOTA: estes exemplos non serán considerados válidos para o concurso]
  • Os premios consistirán en material relacionado coa lectura e os libros.

Se non coñeces o teu número de socio, pásate pola biblioteca para averigualo.

Na ficha dun libro e ademais de ler os comentarios doutras persoas, podes deixar a túa opinión. Como? Moi sinxelo:

servido por bpmsavinao sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de bpmsavinao

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera