Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

15 Marzo 2010

Día da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Poesía.

Qué é poesía?, ante esta pregunta, a todos se nos vén á mente o famoso poema de Bécquer que remata "poesía eres tú".

Aínda que as poesías máis populares e máis coñecidas son as de amor ou as letras de cancións, hai moitos tipos de poesía e de poemas, as adiviñas infantís, o haiku (breve composición poética xaponesa), as sátiras, ... e os caligramas, que unen 2 tipos de arte: a letra e a imaxe. As temáticas son tamén do máis diverso, desde as intimistas ás de protesta social, pasando polas de defensa da natureza. Hainas tamén educativas, e burlescas, en fin, de todo o que coñezamos podemos atopar ou escribir uns versos. Quen non lembra por exemplo ese velero bergantín que surcaba o mar con cien cañones por banda de Espronceda? Ou esa preciosa oda á arpa de su dueño tal vez olvidada?

Unha pequena representación poética para conmemorar esta data, podemos vela a continuación.

Adiviñas que é?:
Yo no quiero que os canséis
y por eso recomiendo
que el acertijo miréis
para suprimirle un perro
y su número obtendréis.

Haikus:
Pájaro muerto
¡qué agonía de plumas
en el silencio!

(Juan José Domenchina)

si en el crepúsculo
el sol era memoria
ya no me acuerdo

(Mario Benedetti)

Caligramas:

Na biblioteca atoparedes ademais dunha ampla colección de poesía, a exposición: "poesía a caldeiros", na que poderedes coller libros de poesía ó chou para ler un pouco de poesía. Ademais, entregaremos "poemas-sorpresa" con cada empréstito que se faga durante esta semana. E quen se sinta con inspiración suficiente para celebrar esta data, poderá ver a súa obra exposta na biblioteca.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera