Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

25 Marzo 2010

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Mensaxe do Día Mundial do Teatro, por Judi Dench:

O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o Teatro, en milleiros de formas. O teatro é unha fonte de entretemento e de inspiración e tén a capacidade de unificar as moitas culturas e pobos que existen en todo o mundo. Pero o teatro é máis que iso, e tamén ofrece oportunidades para educar e informar.
O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre en escenarios tradicionais. As representacións poden ter lugar nunha pequena aldea en África, xunto a unha montaña de Armenia, nunha diminuta illa do Pacífico. Todo o que precisa é un lugar e un público. O teatro tén a capacidade de facernos sorrir, facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.
O teatro prodúcese a través do traballo en equipo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un incrible grupo de xente que non se ve. Son tan importantes coma os actores, e as súas destrezas diferentes e especializadas fan posible que a produción teña lugar. Eles tamén deben compartir os triunfos e éxitos que esperamos que se produzan.
O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. De moitas maneiras, todos os días deberían ser considerados día do teatro, porque temos unha responsabilidade para continuar a tradición de entreter, educar e ilustrar as nosas audiencias, sen as cales non existiríamos.

FONTE: World Theatre Day Blog (tradución, servidora).


Quen é Judi Dench?
É unha das actrices máis respectadas e populares do Reino Unido. Foi a elixida este ano polo Instituto Internacional do Teatro para compoñer a mensaxe do Día Mundial do Teatro.
En 1970 foi condecorada pola Orde do Imperio Británico e en 1988 foi ordeada Dama do Imperio Británico. Judi Dench foi coñecida sobre o escenario sobre todo na Royal Shakespeare Company, e no National Theatre nos que representou os principais personaxes clásicos, modernos e cómicos, ademais dunha dilatada traxectoria en televisión e cine (Una habitación con vistas, Enrique V, Goldeneye, Té con Mussolini, Hamlet, Shakespeare in love (que lle deu un Oscar a actriz secundaria), Chocolat, Las Crónicas de Riddick, La importancia de llamarse Ernesto, Orgullo y prejuicio, Casino Royale, Quantum of Solace, Nine, Rage...).


Que é o teatro?

Seguro que se oímos "ser ou non ser..." se nos vén á mente a case todos un home falando cunha caveira que suxeita na man.

Seguro que se vemos dúas máscaras pegadas, unha sorrindo e a outra chorando, todos pensamos en teatro, pois o teatro fai iso: que choremos e riamos co que nos conta desde o seu escenario. O mesmo que a poesía, tén moitas manifestacións: teatro na rúa, teatro moderno, teatro clásico, teatro de monicreques, ... O teatro é máis, o teatro transmite cos xestos, non só coa voz, por iso entendemos o que quere dicir un mimo cando move as mans planas diante del coma se topara cun obstáculo.

Por que non les teatro? Na biblioteca télo á man.

Que máis podes atopar na biblioteca?

Ademais da súa colección de obras de teatro para tódalas idades, tés un teatriño kamishibai para xogar, materiais para facer un teatriño de marionetas, e no mes de abril faremos varios obradoiros de elaboración de marionetas (dos que daremos cumprida información en breve).

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera