Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

8 Abril 2010

Abril, venres con libros

O mes de abril conmemora dúas datas moi sinaladas no mundo da literatura: o día 2 o nacemento de Hans Christian Andersen, famoso polo seu amplísimo repertorio de contos infantís, e o 23 foi escollido pola coincidencia do falecemento de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega o mesmo día do ano 1616

Nas bibliotecas do concello prevese a realización de varias actividades:

1) Días do libro:

  • Día do Libro Infantil e Xuvenil: a celebración do día 2 trasladouse ó 12 coa actividade Cincenta rima con pementa nas 2 bibliotecas, estas actividades terán lugar nas Bibliotecas con estudantes dos centros educativos do concello.
  • Día do Libro e dos Dereitos de Autor: para celebrar o día 23 de abril, haberá lectura en voz alta de fragmentos do Quixote, por parte de usuarios da biblioteca, ó longo do día.

2) venres con libros: 9, 16 e 30 de abril
Consisten en lecturas ó aire libre. Son actividades interxeracionais fóra da Biblioteca ó redor das 5.30 da tarde, cunha duración aprox. de 30 a 45 minutos, e en función da mala meteoroloxía, trasladaranse a lugares cubertos próximos (baixo da biblioteca, baixo da balconada da biblioteca, praza cuberta). Nas actividades ninguén tén que ler para os demais se non quere. Lugares de encontro cos libros ó aire libre:

  • 9 de abril Libros na fonte: Actividade na praza Maior ó redor da fonte, sentados no chan ou nos bancos.
  • 16 de abril Libros no patio: Actividade no patio da biblioteca ou na praza de España.
  • 30 de abril Libros na Debesa: Actividade nun bosque de carballos que é emblemático da vila.

Presentaranse libros relacionados coa auga, con outras culturas ou coa natureza, e haberá lectura compartida dalgún deles, obradoiros de xogos tradicionais para facer no chan (mariola, comba, rá... aproveitando as instalacións municipais de xogos tradicionais dispoñibles).
Prevese clausurar as actividades de abril o día 30 cunha chocolatada con pastiñas se o día é fresco, ou cuns aperitivos e refrescos se vai calor. Se chove, trasladarase á praza cuberta.

Ademais o día 12 reanúdanse os obradoiros de informática, despois do parón da Semana Santa.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera