Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

11 Abril 2010

Día do Libro Infantil 2010

O 12 de abril desenvolveranse a nivel internacional os actos de celebración do Día Internacional do Libro Infantil 2010, por acordarse o traslado da data oficial (2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen) por coincidir coa Semana Santa.

As bibliotecas do Concello do Saviñao celebrarán esa data coa lectura da mensaxe de Eliacer Cansino, que baixo o lema UN LIBRO ESPERA POR TI, BÚSCAO se escolleu para festexar este ano tan sinalada data. A continuación, presentarase o taller Cincenta rima con pementa de Teatro Patán.

As actividades desenvolveranse o 12 de abril:

Na Axencia Municipal de Lectura Maruchi Arias en Currelos ás 10.40 cos rapaces do colexio de Currelos.

Na Biblioteca Municipal do Saviñao en Escairón ás 15.20 cos rapaces de 2º. 3º e 4º de Primaria do colexio de Escairón.

Premer na imaxe para consultar o tríptico do Día do Libro Infanil e Xuvenil 2010.

A mensaxe deste ano é a que segue:

UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!

Había unha vez
un barquiño pequeneiro,
que non sabía
que non podía
navegar
Pasaron unha, dúas, tres,
carto, cinco, seis semanas,
e aquel barquiño,
e aquel barquiño,
navegou.

Apréndese a xogar antes que a ler. E a cantar. Os nenos da miña terra entoabamos esta canción cando aínda ningún de nós sabimos ler. Xuntabámonos en roda na rúa e, disputándonos as voces cos grilos do verán, cantabamos unha e outra vez a impotencia do barquiño que non sabía navegar.
Ás veces fabricabamos barquiños de papel e poñiámolos nas pozas e os barquñnos afondaban sen conseguir alcanzar costa ningunha.
Eu tamén era un barco pequeno fondeado nas rúas do meu barrio. Pasaba as tardes nunha azotea mirando como o sol se poñía polo poñente, e albiscaba ao lonxe -non sabía aínda se ao lonxe do espazo ou ao lonxe do corazón- un mundo marabilloso que se estendía alén de onde alcanzaba a miña vista.
Tras dunhas caixas, nun armario da miña casa, tamén había un libro pequeneiro que non podía navegar porque ninguén o lía. Cantas veces pasei pola súa beira sen decatarme da súa existencia. O barco de papel, atoado no lodo; o libro solitario, oculto no andel tras as caixas de cartón.
Un día, a miña man, buscando algo, bateu co lombo do libro. Se eu fose libro contaríao así: "un día a man dun rapaz rozou a miña cuberta e eu sentín que despregaba as miñas velas e comezaba a navegar".
¡Que sorpresa cando por fin os meus ollos tiveron en fronte aquel obxecto! Era un pequeno libro de pastas vermellas e filigranas douradas. Abrino expectante como quen encontra un cofre e ansía saber o seu contido. E non foi para menos. Nada máis empezar a ler comprendín que a aventura estaba servida: a valentía do protagonista, as personaxes bondadosas, os malvados, as ilustracións con frases a pe de páxina que miraba unha e outra vez, o perigo, as sorpresas..., todo me transportou a un mundo apaixonante e descoñecido.
Desa maneira descubrín que alé da miña casa había un río, e que tras do río había un mar e que no mar, esperando levantar áncora, un barco. O primeiro ao que subín chamábase La Hispaniola, pero o mesmo daría que se chamase Nautilus, Rocinante, a nave de Simbad, a barcaza de Huckleberry, ....todos eles, por máis que pase o tempo, estarán sempre á espera de que os olls dun neno despreguen as súas velas e lle fagan levantar áncora.
Así que... non esperes máis, estende a túa man, toma un libro, ábreo, le: descubrirás, igual que na canción da miña infancia, que non hai barco, por pequeno que sexa, que en pouco tempo non aprenda a navegar.

Eliacer Cansino
Traducción Ánxela Gracián

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera