Certame de Narración e Debuxo Infantil
Presentamos a convocatoria que coma tódolos anos festexa o Día das Letras Galegas. Este ano como novidade, haberá no mes de maio actividades cos dous centros escolares do concello, para animalos a participar no Certame.
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2008
(Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar tódolos nenos con:
- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
• A cidade.
- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
• A cidade.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais.
3.- Establécense tres categorías:
• A, ata 8 anos,
• B, de 9 a 11 anos,
• C, de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 10 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.