Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

20 Abril 2010

inventos galegos

O primeiro libro electrónico (escollo electrónico porque era máis que mecánico pois podía incorporar luz e son) foi inventado en Galicia por unha muller, unha mestra ferrolá que se chamaba Ángela Ruiz Robles. E é que a maioría dos inventos xurden para darlles solución ás preocupacións dos seus creadores, e a de Doña Angelita era ensinarlles ós seus alumnos de xeito máis atractivo. Doña Angelita patentou o seu invento en 1949. Esta nova foi publicada en La Voz de Galicia o 16 de abril, unha semana antes do Día do Libro.

g16p64f1 g16p64f2

Que máis inventos galegos coñecedes? Quedades convidados a comentalos aquí para facer unha relación dos mellores inventos galegos, os que nunca foron difundidos porque ninguén creu neles, ou porque grandes empresas os vían como "demasiada competencia" (exemplo: os vehículos ecolóxicos).

servido por BPM 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

pepe

pepe dijo

Los gallegos siempre fuimos muy listos, y nos las ingeniamos para ahorrarnos trabajo: la primera calculadora (con sus 22 kilos, no era de bolsillo) la inventó un gallego. Puede verse un artículo en: http://hispanismo.org/gallicense-regnum/6206-un-gallego-invento-l...

3 Mayo 2010 | 07:42 PM

mónica

mónica dijo

O futbolín tamén é un invento galego. E dos máis populares e coñecidos. Creo que é o primeiro que se lle ven a un á cabeza cando se fala de inventos galegos. O nome de quen o inventou xa é outra historia... Faleceu non hai tanto:
http://www.20minutos.es/noticia/201499/0/futbolin/muere/inventor/...

4 Mayo 2010 | 07:13 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera