actividades do mes de maio
Continúa aberto o prazo para a presentación de traballos de narración e de debuxo sobre o tema "a cidade" ata o vindeiro luns, día 10 de maio (Certame de Narración e Debuxo Infantil Día das Letras Galegas 2010).
Para animar máis a participación, nas bibliotecas municipais celebraranse varias actividades cos escolares do concello:
- Día 5 de maio, ás 12.50, alumnos de 1º e 2º da ESO do colexio de Escairón coñecerán ó ilustrador Óscar Villán na biblioteca de Escairón. [ver as súas obras na biblioteca]
- Día 6 de maio, ás 11.00, os rapaces de 6 a 11 anos do colexio de Currelos será a ilustradora Xulia Barros quen visite a biblioteca de Currelos. [ver as súas obras na biblioteca]
- Día 7 de maio, ás 12.30 en Escairón (con rapaces de 5º e 6º de Primaria) e ás 16.00 en Currelos (aberto a quen queira participar) será A Xanela do Maxín quen apoie ós máis novos no deseño de ideas para participar no Certame.
Ademais de continuaren os obradoiros de informática, poderase visitar na biblioteca a exposición do mes sobre o homenaxeado do Día das Letras Galegas do 2010: Uxío Novoneyra. [ver as súas obras na biblioteca]
