O vindeiro mércores, 16 de xuño ás 12.00, na sala infantil da biblioteca, terá lugar unha sesión de contacontos-marionetas cos participantes do Programa Preescolar na Casa, e nenos da Gardería Municipal.
Representarase o Conto dos vermiños Famento e Furioso.
Despois da sesión, sairá publicado no blog o conto e un documento para facer actividades na casa.
Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.
Consta de 3 andares: ·1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos. ·2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración. ·3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).
HORARIO (luns a venres): · Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00 · Verán:      8.00-15.00
ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)