entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo (II)
Os galardoados na fase local recolleron ás 12 desta mañá cadanseu Diploma, copia do traballo premiado e agasallo.
O traballo da fase local galardoado tamén pola Biblioteca Nodal de Lugo foi o de Paula López, na modalidade de Debuxo na Categoría B (de 9 a 11 anos). Poderá recoller o seu agasallo da fase provincial na Biblioteca Nodal de Lugo o mércores día 30, ás 18.00.
Reiteramos a nosa felicitación a todos os premiados e todas as premiadas no Certame, e a invitación a seguir participando nos certames convocados: Narración e Debuxo Infantil do Día das Letras Galegas como de Poesía Infantil de Nadal.
Os traballos premiados continuarán expostos na sección infantil da biblioteca ata o mes de agosto.