Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

5 Julio 2010

mamá tiene un tumor

Fundación María José Jove, vén de editar un libro titulado Mamá tiene un tumor, que trata de explicarlle ós máis pequenos da casa de xeito moi sinxelo os cambios que sofre a súa nai cando lle é diagnosticado un cancro e durante o seu posterior tratamento: o seu estado de ánimo, a importancia do apoio da familia,...

Unha lectura moi recomendable, non só para os máis pequenos, cando se presenta o caso de que sexa diagnosticada unha enfermidade grave, pois mostra unhas pautas que se poden seguir para explicar o proceso que se debe seguir co tratamento.

Escrito por Carmen Cereijo, e ilustrado por Belén Novoa, ambas traballan no CHUAC.

Máis información nun artigo de La Voz de Galicia, e nunha reportaxe da TVG.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera