Publicidad:
Terra
La Coctelera

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Novas da túa biblioteca en Escairón, na que podes participar desde calquera parte

27 Julio 2010

actividades de agosto

En agosto terán lugar varias actividades relacionadas cos libros:

O día 2 ás 12.30, na biblioteca, coincidindo coas festas da vila e despois da maratón, haberá unha sesión de contacontos con obradoiro de manualidades.

O día 10 ás 19.00, na Debesa (fronte ás piscinas) presentarase a Cociña itinerante dos contos: cociñando contos, dentro do programa Cultura sobre rodas da Deputación de Lugo. Se chove, trasladarase á carpa ó lado da Casa do Concello.

Ademais novas incorporacións que tiveron boa acollida:

Os libros da serie Patito Feo

Novos títulos das sagas de Vampiratas, Valeria Varita, Escuela de cazadragones,

Pero tamén hai novas incorporacións para adultos:

Os libros de Benigno Campos

Novelas románticas

e moito máis, que se pode consultar na páxina de Novidades do Catálogo en liña da Biblioteca. Ademais, no verán interesa moito coñecer o tempo que vai facer, que se pode consultar tamén na páxina do catálogo, na sección de Información (o mapa está mal, pero as previsións son bastante fiables), desde a que tamén se pode acceder a este blog e á wiki.

servido por BPM sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de BPM

Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

O Savinao, España
ver perfil »
contacto »

visitantes visitantes

Inaugurada en 1992, ocupa actualmente un vello edificio de pedra restaurado, coñecido como o Cuartel ou a Casa da Boticaria, no centro da vila, preto da Praza Maior.

Consta de 3 andares:
· 1º andar: Sala de Reunións/Aula (14 postos) Sala de estar (9 postos), Almacén e Aseos.
· 2º andar: Sala de Consulta (12 postos), Sala Infantil (20 postos) e Sala Xuvenil (14 postos), con máis de 15.000 volumes en acceso directo, e Administración.
· 3º andar: Sala de Informática (con 9 terminais de acceso gratuíto a internet).

HORARIO (luns a venres):
· Inverno: 10.00-14.00 e 16.30-20.00
· Verán:      8.00-15.00

ENDEREZO:
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Dr. Portela, s/n
27540 Escairón - O Saviñao (Lugo)

CONTACTO: 982 45 23 24 ; osavinao@rbgalicia.org

Bloguzz Bloguzz

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera