obras de mantemento na biblioteca

Estaremos un par de días con obras de mantemento e mellora nas zonas de paso da biblioteca e no acceso á sala de informática.
A biblioteca permanecerá aberta para permitir facer uso dos servizos que ofrece, aínda que poida haber algunhas limitacións temporais no acceso a algún deles en función dos traballos que se estean a desenvolver.
Os usuarios deberán ter coidado e facer caso da sinalización.
