AVISOS: reserva da aula de informática e obras de mantemento na biblioteca
AVISOS
O venres 24 a Aula de Informática estará reservada 18.00 ás 20.00 h. para impartir un curso.
O venres 24 e luns 27 está previsto que se efectúen obras no chan da Sala de Informática, polo que puntualmente poderá estar limitado o acceso por motivos de seguridade.
O resto das instalacións funcionarán con normalidade, aínda que os usuarios deberán ter coidado e facer caso da sinalización para evitar accidentes.

Pódense ver xa fotos das obras de mellora que se efectuaron nestas últimas semanas: novo revisteiro, peche frontal dos escalóns e diminución do espazo entre as barras dos pasamáns.
